Skip to Content

Novas

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO DO 1 AO 20 DE MARZO

ABRE O PRAZO DENDE O 1 AO 20 DE MARZO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO.

ANEXO PARA DESCARGAR .

OS IMPRESOS PODEN RECOLLERSE EN CONSERXERÍA.

HORARIO DE ATENCIÓN:

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria traballaron moi duro e en equipo para facer unha espectacular, sentida, emotiva... coreografía da canción de Malú e Manuel Carrasco "Que nadie". Ensaiaron moi duro con Lúa (a mestra de Educación Fisica) e Lidia (a súa titora). Para ver o resultado preme na imaxe e goza do vídeo. *O vídeo non se pode ver en dispositivos móbiles porque o audio ten dereitos de autor pero dende os ordenadores non debería dar problemas.

Visita do clube balonmán de Camariñas

Este mes de outubro comezou cunha visita especial...

O xoves 5 e o venres 6, estiveron no noso colexio os monitores das diferentes categorías do Clube de Balonmán de Camariñas para dar a coñecer a súa disciplina e fomentar hábitos de vida saudables. 

Contaron coa colaboración da mestra de Educación Física, Lúa e o entusiasmo e ganas de facer de todos os nenos e nenas de Educación Primaria.

Letras Galegas 2017

O 17 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas. Este ano estivo adicado a Carlos Casares e as nenas e nenos estivemos gozando coas súas obras, coñecendo a súa biografía... Tanto traballo tivo a súa recompensa. 

Entroido a ritmo de folión

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ. CADA GRUPO VEN MARCANDO RITMO CO SEU FOLIÓN.

PREME NA IMAXE E DESCUBRIRÁS COMO SE ENCHEU DE COR, LEDICIA E FESTA O PATIO DO NOSO COLEXIO.

Seguimos xogando pola paz

O 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

#RosalíaTe: Día de Rosalía 2017

O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía. As nenas e nenos de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria tivemos un contacontos: Contando a Rosalía. Preme na imaxe para ver máis.

Semana da Poesía 2017

Chega marzo e con marzo chegan os versos, as rimas... porque da semana do 20 ao 24 todo inspira POESÍA.

Este ano é especial. Cúmprense 100 anos do nacemento de GLORIA FUERTES. Como a nosa mascota Xiana está a todo; recibimos unha carta para lembrarnos esta data tan especial.

Distribuir contido


by Dr. Radut