Skip to Content

blogue decoledoallo18

PROXECTO DE XORNADA ÚNICA 2021-2022

Estimadas familias,

A continuación poderán acceder á información do novo proxecto de xornada única que se levará a votacións o día 16 de xuño.

A maiores, poderán ler o proxecto de actividades extraescolares enviado pola ANPA. Con respecto ás actividades do Concello, estas serán as mesmas que se viñan ofertando os cursos anteriores.

Para poder acceder á información, deberán clicar nos dous documentos adxuntos.

Convivimos no Centro: Documentos

Seguindo o marco de lexislación vixente, o centro educativo elaborou dous documentos que marcan as normas de convivencia e as normas de organización e funcionamento do centro escolar. Quedan a disposición da comunidade educativa nos ficheiros adxuntos.

Xiana, celebra o Día da Poesía

Miauu, miauu, deixo no arquivo adxunto correspondencia gatuna para celebrar o Día da Poesía. Desta volta, eu achego os marcapáxinas, vós decorádeos e enchédoos de verso, estrofas... de talento. Eu mentres vou botar un soniño, que escribir no ordenador con estas patiñas é moi canso. 

Reserva de prazas para o curso 2018/19

Informamos que está aberto o prazo de reserva de para o vindeiro curso 2018-2019 ata o 15 de febreiro.

Adxuntamos calendario e documento de reserva de praza.

Proxecto Terra

En Recursos Educativos podemos ver as actividades que se realizaron no centro en torno ao PROXECTO TERRA: Magosto, cabazas... BÓTALLE UNHA OLLADA

Distribuir contido


by Dr. Radut