Recuncho de Xiana

Abril, mes dos libros

Rematamos abril celebrando, por todo o alto, o Día do Libro. Durante a semana do 23 ao 27 de abril, as portas do colexio abríronse de par en par para recibir as e os mellores contadores de contos do mundo mundial. Preme na seguinte imaxe para lembrar este día: 

Xiana, celebra o Día da Poesía

Miauu, miauu, deixo no arquivo adxunto correspondencia gatuna para celebrar o Día da Poesía. Desta volta, eu achego os marcapáxinas, vós decorádeos e enchédoos de verso, estrofas... de talento. Eu mentres vou botar un soniño, que escribir no ordenador con estas patiñas é moi canso. 

Día da Poesía: 21 de marzo de 2018

Se pasas polo corredor lembra ollar a escolma de libros que dende a biblioteca nos deixaron aquí. Celebramos o inicio da primavera con moita rima.

FELIZ DÍA DA POESÍA!!!!!

 

        

O 24 de febreiro "ABRIMOS A FIESTRA... A ROSALÍA"

Feliz aniversario, Rosalía!!! e para celebralo fixemos unha exposición cos libros que tiñamos na biblioteca para que o alumando gozase das súas poesías no tempo de ler ou cando lle apetecera.

#RosalíaTe: Día de Rosalía 2017

O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía. As nenas e nenos de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria tivemos un contacontos: Contando a Rosalía. Preme na imaxe para ver máis.

Semana da Poesía 2017

Chega marzo e con marzo chegan os versos, as rimas... porque da semana do 20 ao 24 todo inspira POESÍA.

Este ano é especial. Cúmprense 100 anos do nacemento de GLORIA FUERTES. Como a nosa mascota Xiana está a todo; recibimos unha carta para lembrarnos esta data tan especial.

Magosto de Conto

ESTE MAGOSTO FOI ESPECIAL

POIS ANXO MOURE

O NOSO COLE VEU VISITAR...

24 de febreiro DÍA DE ROSALÍA

Xiana regaloulles a todos os nenos e nenas do cole este marcapáxinas...

Marcapáxinas

 

Distribuir contido