Skip to Content

Letras Galegas 2017

O 17 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas. Este ano estivo adicado a Carlos Casares e as nenas e nenos estivemos gozando coas súas obras, coñecendo a súa biografía... Tanto traballo tivo a súa recompensa. 

- Fixemos un mural que decora a parede do descansiño das escaleiras que leva ao 1º andar. Cada curso traballou unha obra coñecida do autor e tivo que decorar un libro viaxeiro coa portada do mesmo: As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, A galiña azul, O can Rin e o lobo Crispín, as saga de Torobio e os seus atrevidos inventos... A VERDADE é que nos quedou espectacular!!!! Paga a pena velo!!!!

- No primeiro andar, estiveron expostos os libros de Casares que temos na "biblio" e que podemos levar en empréstito.

- O 16 de maio tivemos a actuación de Galeteatro, facendo unha escolma dalgún dos seus traballos. Tivemos o pracer de coñecer a Toribio e a súa axudante Sara e un invento especial: O Contador de Contos con efecto retardado.

- E as nosas profas e profes, fixeron un pasapalabra para saber canto sabiamos sobre este autor. Se te atreves preme na imaxe e demostra o que aprendiches.

 



page | by Dr. Radut