Skip to Content

Educación física

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria traballaron moi duro e en equipo para facer unha espectacular, sentida, emotiva... coreografía da canción de Malú e Manuel Carrasco "Que nadie". Ensaiaron moi duro con Lúa (a mestra de Educación Fisica) e Lidia (a súa titora). Para ver o resultado preme na imaxe e goza do vídeo. *O vídeo non se pode ver en dispositivos móbiles porque o audio ten dereitos de autor pero dende os ordenadores non debería dar problemas.

Visita do clube balonmán de Camariñas

Este mes de outubro comezou cunha visita especial...

O xoves 5 e o venres 6, estiveron no noso colexio os monitores das diferentes categorías do Clube de Balonmán de Camariñas para dar a coñecer a súa disciplina e fomentar hábitos de vida saudables. 

Contaron coa colaboración da mestra de Educación Física, Lúa e o entusiasmo e ganas de facer de todos os nenos e nenas de Educación Primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut