Skip to Content

Escolares, Complementarias

Letras Galegas: Antón Fraguas

Vaia festa tivemos no cole co gallo do Día das Letras Galegas. 

Pandereiteiras, acordeón, danza dos arcos e lecturas, moitas lecturas sobre lendas, gastronomía, tradicións, cantigas... Fomos Antón Fraguas por un día facendo grande o noso patrimonio.

Coma sempre, lembra este día, os nosos traballos,... premendo na imaxe e gozando coas fotos.

Entroido "pasado por auga"

Estamos de volta para lembrar un día especial: o entroido.

Da semana do 25 de febreiro ao 1 de marzo o noso "meco" foinos mergullando no ambiente entroidal: o luns unhas botiñas nos pés, o martes un gorro na cabeza... e, o esperado venres con concurso gastronómico, chocolatada e desfile con auga, auguiña por todos os recunchos do noso colexio. Tiñamos auga en todos os seus estados. Tamén nos visitou o arco da vella, oficios relacionados coa auga, uns peixiños...En fin, preme na imaxe e ti VERÁS!!!!!

Educando en igualdade... 8 de marzo

Co gallo do Día Internacional da Muller o noso patio, de novo, converteuse nun espazo a "pro" da coeducación, a igualdade, o compañerismo, o respecto, a tolerancia... Premendo na imaxe teredes acceso a tres carpetas con fotos do 25N, Día da Paz e 8M para lembrar que o patio é un espazo de convivencia onde todas e todos podemos xogar, compartir bailes, apertas, sorrisos... clica e veredes...

Distribuir contido


by Dr. Radut