Skip to Content

Refráns meteorolóxicos/ Weather Sayings

O alumnado de 6º B realizou unha recopilación de refráns meteorolóxicos, que despois traduciron a lingua inglesa.

 

Canción: "AS CORES DO ZOO".

 O alumnado de 1º B traduciu ao galego e gravou as voces dunha canción na que se mesturan as cores, os animais e o arco da vella. A continuación coa axuda do alumnado de ed. infantil, 1º e 2º fixeron a posta en escena. O vídeo foi gravado e editado polo alumando de 5º de EP.

Vai a ser a canción do verán.

  

IX FESTA DAS PALABRAS

Entrega de premios aos gañadores/as do concurso de Micropoemas e Microrrelatos 2022, organizado polos equipos de dinamización lingüística dos centros educativos da Estrada. A madriña literaria desta edición foi a Escritora Rosalía Morlán. O acto estivo amenizado polo grupo "Favorita". 

     

Publicada a convocatoria de participación no fondo solidario, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2022/2023.

 

 

O obxeto da Orde é convocar a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado:

Fondo solidario: 3º, 4º de Educación Primaria.

Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE.

Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.

Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as fillos/as que estean escolarizados no centro. (Se a presentación é por vía electrónica deben presentar unha solicitude por cada fillo).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Tamén poderán presentarse na secretaría do centro.

Prazo de presentación da solicitude: ata o 22 de xuño de 2022.

Documentación:

 As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

     Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2019, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

  1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  2. Certificado ou volante de convivencia.
  3. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 Artigo 24. 3.- Quedarán excluídas as solicitudes que non se puidesen validar por estar presentadas fóra de prazo, por falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación ou por falta da devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario adquiridos coas axudas nos cursos anteriores.

Para máis información dirixirse á secretaría do centro ou picar no seguinte enlace.

Documentos para descargar:

DINAMIZA TV

Hoxe, 25 de maio, estrenouse o programa de tv "DinamizaTv Ceip Pérez Viondi" (entrevistas, obradoiros, noticias culturais e o tempo) no que participaron moitos alumnos e alumnas do colexio.

Os Equipos de dinamización da lingua galega, DINAMIZAESTRADA, de todos os centros educativos da Estrada participan activamente no proxecto que este curso botou a andar o Concello da Estrada.

 

DINAMIZATV xurdiu co obxectivo de promover o uso do galego entre entre a xente xove dos nosos centros, apostando decididamente polo eido audiovisual, coa creación dun NOTICIEIRO en cada un dos centros escolares.

 

 

"Orquesta CE pantasma" para celebrar o Día das letras Galegas

Día das Letras Galegas, días de letras e días de festa!! Cantamos, bailamos e pasámolo moi ben!!!

    

17 de maio, días das letras galegas.

17 de maio, día das letras galegas. Que mellor que un par de recomendacións de lectura na nosa lingua.

 

DÍA DO LIBRO

Celebramos o Día do Libro facendo bandeiroloas con debuxos, poemas, críticas de libros...

        

 

CELEBRAMOS A ROSALÍA!

Distribuir contido


by Dr. Radut