Skip to Content

Día de Rosalía

No día de Rosalía regalamos versos ao alumnado, familias, profesorado, e todo aquel que quixo recibir un verso de Rosalía.

FILLOAS DA PEDRA

 O pasado xoves de Entroido a avoa duns alumnos do noso centro veu ensinarnos como se fan as filloas na pedra. Ademais de explicarnos  a elaboración do amoado poidemos degustalas. Grazas Maruja por darnos a coñecer de primeira man esta tradicional receita galega.

 

     

 

ATRANQUE DAS XENERALAS 2024

Un ano máis chegou polo Entroido o atranque das xeneralas!

 

DOCUMENTAL "ENTROIDO DE VILARDEVÓS"

O alumnado do  3º ciclo, de Ed. Primaria, estivo traballando sobre o Entroido tradicional galego centrándose no concello ourensán de Vilardevós co gallo da XI Mostra de Entroido de Lamas de Abade que este ano se centra na figura do chocalleiro.

Velaí vai o documental que recolle a esencia deste Entroido!

Competencias: CCL, STEM, CD, CPSAA, CE, CCEC

Materias: Lingua galega, ciencias sociais.

Volver a casa por Nadal

Festival de Nadal E.I. 2023

Este vídeo non podemos reproducilo directamentePero si clicades na imaxe poderedes velo doutro xeito (desculpade as molestias).

 

 

 

Vídeo Megalodón proxecto competencial 1ºA

INFORMATIVOS SAMAÍN 23

Polo Samaín, os nenos e nenas de quinto estiveron investigando sobre as costumes e lendas que hai en Galicia ao redor desta data. Con toda a información recadada quixeron elaborar uns informativos  para dar a coñecer a nosa cultura que é tan importante como a que nos ven cada vez máis imposta desde outros países lonxanos. Coñezamos e valoremos as nosas costumes e cultura para que permanezan no legado.

Preme na seguinte ligazón para acceder á lista de reprodución dos informativos: INFORMATIVOS "SAMAÍN"  

 

Competencias: CCL, CPSAA, CD, CE, CCEC 

Materias: Lingua galega, ciencias socias, ciencias naturais.

Distribuir contido


by Dr. Radut