Skip to Content

Samaín e magosto2017

                                                                    

Un ano máis celebramos esta actividade con moita ilusión. As familias participan tallando e decorando

as cabazas na casa, que posteriormente colocamos , formando parte de decorados preparados para

este día. A gran maioría expóñense no salón de actos onde facemos un percorrido polo túnel

do “terror”.

 

 

Tamén intercambiamos tarxetas de felicitación con outros coles e este ano vimos un vídeo elaborado

sobre a canción "Brinca vai no Samaín" de Paco Nogueiras que nos gustou moito (podese ver nesta

páxina en 5º curso).

 

                       

 

 

Os alumnos/as trouxeron uns días antes unha presa de castañas picadas. Un castañeiro veu ao centro

e puidemos ver como asaba as castañas.

    

O día do Magosto cada curso acompañado dos seus titores/as foron participando en diversos xogos

populares nun percorrido xa establecido. Ao rematar cómemos as castañas.

                     

                     

 

 

 

  

                                  

Pasámolo moi ben.



blog | by Dr. Radut