Skip to Content

CAMIÑO CIRCULAR

Dende a cooperativa de dinamización rural Camiño Circular propuxéronnos a participación no concurso "A Estrada Creativa" e no obradoiro "Eu como do local", con obxecto de poñer en valor a producción local do noso concello.

Os alumnos de primaria participamos na modalidade de debuxo, narrativa e poesía.

 

Os alumnos de 6º de primaria participamos no obradoiro "Eu como do local". Acercáronse ata o noso cole Mar e Laura con unha Caixa de Nadal con productos que se elaboran nas distintas parroquias de A Estrada como por exemplo o queixo de Santeles, ou a marmelada e froita deshidratada de Santa Cristina de Vea, as galletas de arándanos de Codeseda, os ovos de Vea, o turrón e o chocolate artesán da pastelería Mimela, os chourizos de Barbude e da carnicería Codesido, o mel de Moreira, o mosto de mazá e a sidra de Agar, Ribela e Callobre ¿sábedes que A Estrada é unha gran productora de mazás?... Tamén temos aceite si.. aceite!! nas parroquias de Moreira e Callobre, é un aceite que parece feito de exprimir aceituna, xa que non está refinado.... Nestes obradoiros aprendimos a riqueza dos productos de temporada elaborados no noso concello, e poidemos reflexionar sobre os riscos dunha mala xestión dos recursos alimentarios.

O noso agradecemento a esta cooperativa que nos ensinou todos os productos do noso concello.

 



blog | by Dr. Radut