Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

PREMIO NO III CONCURSO DE PODCASTS-RADIO NA BIBLIO DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

ESTAMOS DE CELEBRACIÓN!!!

Un dos traballos presentados ao III Concurso de Podcasts-Radio na Biblio, de Bibliotecas Escolares de Galicia, foi un dos oito seleccionados entre traballos presentados de toda a Comunidade. 

premio Podcasts

O premio consiste na difusión do traballo na Radio Galega, a visita ás instalacións da mesma, e a dotación de 1000 euros (a investir en melloras do equipamento e infraestructura dunha futura radio vinculada á Biblioteca do Centro ou actividades relacionadas coa radio).

A convocatoria busca estimular, mediante o recoñecemento de boas experiencias, a elaboración de produtos radiofónicos enfocados a salientar a riqueza do patrimonio lingüístico galego.

A difusión do traballo farase en torno ás datas de celebración das Letras Galegas, e ata ese momento non podemos compartilo, pero estaremos encantad@s de facelo en canto se poida para que poidades desfrutalo. 

 

* Adxuntamos resolución concurso podcasts radio na biblio 2021

COÑECE O NOSO COLE

Dada a situación actual de pandemia, resulta imposible realizar a xornada de portas abertas. Esta é a nosa forma de mostrarvos o centro.

 

contacto

 

* Para máis información do prazo de admisión, pincha AQUÍ

* Para información do número de postos escolares, pincha AQUÍ

* Xa se pode coller cita, no número de teléfono do centro, para a entrega de solicitudes.

MANDATOS DO MECO

Boas familias!! Chegou a época do entroido!! Aquí vos deixamos, para esta semana, os Mandatos do Meco.

 

MANDATOS DO MECO

 

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2021/2022

 

MÁIS INFORMACIÓN E CALENDARIO DO

PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN

 

- PRAZO DE RESERVA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA PARA O CENTRO ADSCRITO (IES POETA AÑÓN): 11 DE XANEIRO AO 8 DE FEBREIRO

- ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO: 1 AO 22 DE MARZO

 

 

DECORACIÓN DE NADAL

 

FOTOS DO CENTRO

Dende este curso podedes ver as fotos na galería da web. Para acceder a ela, podedes facelo pinchando en "galería" (na parte superior da páxina) ou na seguinte imaxe .

fotos

POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS AO CAMIÑO

O alumnado do centro xa comezou a desfrutar dos trompos donados polo Concello de Outes.

 

trompos

 

Tedes máis fotos na galería. Para acceder a ela podedes pinchar AQUÍ ou buscando na parte superior da web.

 

PLAN DE ENSINO VIRTUAL

manifesto

MOITO MAXÍN, NO SAMAÍN!

Emocionante xornada de Samaín, a la par que sanitariamente segura,  no CEIP Plurilingüe de Outes!

Decoración de cabazas, visionado de curtas, lectura de relatos... e ENTERRO DOS MEDOS! Medos fóra!

 
E NON PASEDES MOITO MEDO ;)

COLABORADORES DO COMEDOR ESCOLAR

O Consello Da Xunta ven de autorizar os seguintes cambios que afectan ás persoas colaboradoras do comedor escolar:
  1. Aumentar a cuantía que reciben ás Colaboradoras de atención e vixiancia d@s menores comensais en comedores de xestión directa a 12,50 euros por día de asistencia efectiva ao comedor.
  2. Ampliar excepcionalmente a outr@s familiares convivintes, que residan no mesmo domicilio d@s menores comensais, a posibilidade de colaborar voluntariamente nas tarefas de atención e vixiancia nos comedores escolares, por non existir persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia, nin colaboradoras directas dispoñibles previstos ordinariamente en número suficiente. Esta colaboración voluntaria se desenvolverá nos mesmos termos previstos na lexislación sectorial educativa ao respecto dos pais, nais, titores legais e acolledores familiares do alumnado.
Por tanto, ante este cambio de normativa ábrese un novo prazo desde hoxe día 23  para aquelas persoas interesadas en comezar a colaborar no comedor.
Deberán pedir cita para cubrir unha solicitude no centro que deberán acompañar de:
  • Unha declaración xurada de que conviven no mesmo domicilio que algún d@s menores comensais.
  • Unha autorización do pai, nai, titor legal ou acolledor familiar do alumn@ comensal co que convivan para colaborar no comedor escolar.
  • Certificado negativo do Rexistro Central de delincuentes Sexuais de non ter sido condenad@ por sentenza firme por delito algún contra a liberdade e indemnidade sexual.
Non dubidedes en poñervos en contacto co centro se tedes calquera pregunta.
Distribuir contido


by Dr. Radut