Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

PRAZO SOLICITUDE COLABORADORAS COMEDOR

Está aberto o prazo para que as nais, pais, titores/as legais do alumnado do centro que desexen colaborar de xeito altruísta, ao longo do curso 21/22, nas tarefas de atención e apoio ás escolares usuarias do comedor escolar, poidan apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin se atopan na secretaría do centro. 

Agradecemos que as persoas interesadas fagades a solicitude o antes posible co obxectivo de facilitar a organización do próximo curso.

ENTREGA DE AUTODECLARACIÓN DE COMEDOR PARA O CURSO 2021/22

Apertura do prazo para presentar a documentación de autodeclaración para as familias que solicitaron o servizo de comedor para o curso 2021/22.

Prazo aberto dende o día 1 ata o 15 de xullo en horario de 10:00 h a 13:30h (Non é preciso cita previa).

É preciso estar ao corrente do pagamento dos recibos de comedor do curso 2020/21 para poder entregar esta documentación.

 

* Podedes descargar o documento no anexo adxunto.

MATRÍCULA CURSO 2022-2023

O prazo para formalización da matrícula de alumnado de nova incorporación ao centro será do 21 ao 30 de xuño de 2022.

Pódese descargar o impreso de matrícula e demais documentación nos anexos adxuntos.

 DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

- IMPRESO MATRÍCULA

- 3 FOTOS CARNÉ

- FOTOCOPIA LIBRO DE FAMILIA DO/A SOLICITANTE E DOS PROXENITORES

- FOTOCOPIA TARXETA SANITARIA SOLICITANTE

- CARTILLA DE VACINACIÓN DO/A SOLICITANTE

- NO CASO DE PROXENITORES SEPARADOS APORTAR SENTENZA XUDICIAL

- NO CASO DE ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS DE APOIO EDUCATIVO APORTAR DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DE DITA NECESIDADE

Para entregar a documentación é preciso solicitar cita previa.

DATAS E HORARIOS DE ENTREGA (con cita previa)

Día 21 e 22 de xuño

    16:00 - 17:30

Do 23 ao 30 de xuño

      9:30 - 14:00

SEMANA DA SAÚDE. Do 7 ao 11 de xuño

Despois de traballar intensamente nas distintas liñas de investigación, chega o momento de dar difusión ao noso traballo e lanzar a 

 

CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN SANITARIA 

"CÓIDATE, CÓIDANOS. A saúde unha gran responsabilidade"

 

Esta fase de difusión, que terá varias etapas, comeza coa SEMANA DA SAÚDE dirixida á nosa comunidade máis cercana, alumnado e familias, aínda que estará publica no blogue.

Nesta semana, cada día visionaremos os produtos de unha das liñas de traballo e reflexionaremos sobre o que @s compañeiros e compañeiras nos conten, resultado das súas investigacións.

Convidámosvos a que o fagades tamén na casa e retomedes esas conversas sobre os contidos de cada día en familia. Deixámosvos o cartaz co programa e agradecemos moito a vosa colaboración.

 

 

En breve seguiremos informando das seguintes accións!

 

semana saúde

AXUDA FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA ED. PRIMARIA NO CURSO 2021/22

ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/ 22 (código de procedemento ED330B).

 

- PRAZO DE SOLICITUDE: 21/5/2021 ao 22/6/2021

- FORMULARIO: ED330B

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros.

Estas pódense cubrir na propia aplicación, imprimila, asinala e finalmente entregala no centro.

Se tes a Chave 365, podes cursar a petición electrónicamente. A propia aplicación informe ao centro da presentación.

     

      Aplicación Fondo Libros

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

        Sede Electrónica da Xunta de Galicia:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

   

Para presentar a solicitude na sede electrónica é preciso o DNI electrónico ou certificado dixital.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Solicitar cita previa no teléfono 881 866 840

O alumnado de 6° EP que remata etapa educativa e vai para o IES, debe solicitar esta axuda no seu novo centro.

 

fondo libros 

PREMIO NO III CONCURSO DE PODCASTS-RADIO NA BIBLIO DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

ESTAMOS DE CELEBRACIÓN!!!

Un dos traballos presentados ao III Concurso de Podcasts-Radio na Biblio, de Bibliotecas Escolares de Galicia, foi un dos oito seleccionados entre traballos presentados de toda a Comunidade. 

premio Podcasts

O premio consiste na difusión do traballo na Radio Galega, a visita ás instalacións da mesma, e a dotación de 1000 euros (a investir en melloras do equipamento e infraestructura dunha futura radio vinculada á Biblioteca do Centro ou actividades relacionadas coa radio).

A convocatoria busca estimular, mediante o recoñecemento de boas experiencias, a elaboración de produtos radiofónicos enfocados a salientar a riqueza do patrimonio lingüístico galego.

A difusión do traballo farase en torno ás datas de celebración das Letras Galegas, e ata ese momento non podemos compartilo, pero estaremos encantad@s de facelo en canto se poida para que poidades desfrutalo. 

 

* Adxuntamos resolución concurso podcasts radio na biblio 2021

COÑECE O NOSO COLE

Dada a situación actual de pandemia, resulta imposible realizar a xornada de portas abertas. Esta é a nosa forma de mostrarvos o centro.

 

contacto

 

* Para máis información do prazo de admisión, pincha AQUÍ

* Para información do número de postos escolares, pincha AQUÍ

* Xa se pode coller cita, no número de teléfono do centro, para a entrega de solicitudes.

MANDATOS DO MECO

Boas familias!! Chegou a época do entroido!! Aquí vos deixamos, para esta semana, os Mandatos do Meco.

 

MANDATOS DO MECO

 

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2021/2022

 

MÁIS INFORMACIÓN E CALENDARIO DO

PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN

 

- PRAZO DE RESERVA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA PARA O CENTRO ADSCRITO (IES POETA AÑÓN): 11 DE XANEIRO AO 8 DE FEBREIRO

- ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO: 1 AO 22 DE MARZO

 

 

DECORACIÓN DE NADAL

 

Distribuir contido


by Dr. Radut