Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

·  A convocatoria para o curso 2024/2025 publicouse o 19 de abril de 2024.

·  O prazo de solicitude30 de abril ao 13 de setembro de 2024.

1.   ENTRA NA SEDE ELECTRÓNICA: do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Unha vez enchido, terás que imprimir o formulario de solicitude (un PDF) e presentalo no centro educativo no que vas estudar, se non tes certificado electrónico.

SEDE ELECTRÓNICA

2.   REXÍSTRATE:  Para iso, necesitas un usuario e un contrasinal:

• Se xa te rexistraches previamente para calquera outro trámite neste Ministerio, a túa conta segue sendo válida e non fai falta que che volvas a rexistrar.

• Se nunca che rexistraches, pica en «Rexístrese» e segue os pasos para crear unha conta.

Podes acceder á solicitude de bolsa de dúas formas:

• con Cl@ve (claves electrónicas de administracións públicas) ou certificado electrónico, se dispós deles. Se accedes desta forma, terás que ter todos os certificados (xerarachos a aplicación ao terminar de encher a solicitude) enchidos e asinados por quen corresponda (director do colexio, gabinete, inspector de zona...) e presentalos, mediante a aplicación, escaneados, antes do final do prazo de presentación de solicitudes.

• mediante o mesmo usuario e contrasinal cos que che rexistraches na sede electrónica. Se accedes desta forma, bastará con que enchas a solicitude, imprimas o PDF que se xera e preséntelo no colexio antes de que termine o prazo de presentación de solicitudes. Neste PDF xa están os certificados que necesitas. 

 ENCHE O FORMULARIO: Unha vez dentro da aplicación para pedir a axuda, tes que encher o formulario en liña.

• Le con calma as instrucións do formulario, daranche información que tes que ter en conta.

Cando terminases de introducir todos os datos no formulario, darache instrucións para imprimir a solicitude e os certificados nun ficheiro en formato PDF.

No PDF aparecerá a solicitude e os certificados, que servirán para xustificar que reúnes os requisitos para recibir a axuda. Tamén deberás imprimilos e presentalos no colexio (antes da data límite para presentar solictudes), para que os enchan e asinen os responsables de facelo (director ou secretario do centro, equipos de orientación, inspectores etc.)/ etc.). En cada un deles aparece quen deberá enchelos e asinalos.

• Cando teñas a solicitude en papel, asínaa se es maior de 18 anos. Se non, terán que asinala o teu pai, nai ou titor.

Tamén deben asinar a solicitude todos os membros da túa unidade familiar que sexan maiores de 18 anos para autorizar á Administración Tributaria a obter os datos económicos necesarios.

• Unha vez asinada a solicitude, tes que presentala, xunto aos certificados, no centro onde vaias matricularche.

   Nalgúns casos, é posible que necesites entregar, ademais, outros documentos. Consulta, no apartado que necesitas, os requisitos para saber cales son eses documentos.

Lembra que é imprescindible presentar todo antes de que acabe o prazo.

IMPORTANTE: É importante que conserves o xustificante que che devolverán no centro, selaxe, para xustificar que presentaches a solicitude

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar 2024-25

 

  • Curso 2024/2025
  • Prazo de solicitude:    do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos.
  • Texto da convocatoria:  ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)
  • Procedemento administrativo:  ED330B
  • HORARIO DE SECRETARÍA (Atención ao público)
    • Mañás: 11:30-12:30  e  14:00-15:00
    • Luns: 16:00-18:00

♦ Forma de presentación de solicitudes:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  [iniciar].

           IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

           NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].
  • Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.

♦ Documentación complementaria:

  • Especificase no artigo 11 da Orde de convocatoria
  • NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria]
  • A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática

 Máis información:

RESOLUCIÓN SOLICITUDES ADMISIÓN

Proceso de Admisión 2024-25

Solicitude de Admisión

Prazo: do 1 ao 20 de marzo

Normativa e manuais

 

Para PRESENTAR  unha SOLICITUDE deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

 

PRESENTACIÓN NA SEDE ELECTRÓNICA:

  • Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica Deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.


Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo bis dixitalizado.

PRESENTACIÓN NO CENTRO:

  • Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

 

  • Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro: 

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

·       



·       

ADMISIÓN:

SOLICITUDE: Galego             SOLICITUD: Castelán

·       


 HORARIO PARA ENTREGAR SOLICITUDES NO CENTRO

 

      • MAÑÁS: 11:30-15:00
      • LUNS TARDE: 16:00-18:00

 

 

Alumnado ao que vai dirixido

   Novo alumnado

Prazo de presentación das solicitudes

   Do 1 ao 20 de marzo de 2024

Documentación

  • Solicitude:
  • DNI do alumno/a ou libro de familia.
  • DNI dos pais.
  • Resolución xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso.
  • E todos aqueles necesarios para evidenciar os puntos alegados.

Presentación de solicitudes

  • Na secretaría do centro.
  • A través da Sede Electrónica.
  • A través da aplicación “admisionalumnado”.

Normativa reguladora do proceso de admisión

Servizos complementarios que ofrece o centro

  • Madrugadores (xestionado polo Concello) e servizo de biblioteca (de 16:00 a 18:00).
  • Comedor.
  • Transporte escolar.

IMPORTANTE

  • Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

CALENDARIO 2024-25

Do 1 de marzo ao 20 de marzo

Presentación de Solicitudes de Admisión. Modelo

ED550B-Galego

ED550B-Castelán

Do 22 de marzo ao 12 de abril

Presentación da Documentación do Baremo de ser necesario.

25 de abril

Publicación da Lista Provisional.

Do 26 de abril ao 3 de maio

Presentación de Reclamacións á Lista Provisional.

15 de maio

Publicación da Lista Definitiva.

Do 20 de xuño ao 30 de xuño

Formalización da Matrícula.

 

VACANTES CURSO 2024/25

*NEAE= Alumnado con Necesadidaes Específicas de Apoio Educativo

CURSO

VACANTES

CURSO

VACANTES

4º Ed. Infantil

18

2 (NEAE*)

1º Ed. Primaria

9

2 (NEAE*)

5º Ed. Infantil

14

2º Ed. Primaria

11

6º Ed. Infantil

4

3º Ed. Primaria

7

 

 

4º Ed. Primaria

10

 

 

5º Ed. Primaria

11

 

 

6º Ed. Primaria

12

 

 

 

 

 

 

Xornada de Portas Abertas

Se buscas escola para as túas fillas e fillos e queres coñecer o noso proxecto educativo é o momento.

Pincha aquí para reservar a visita!

ENTROIDO CHOQUEIRO

PLANTASÍAS

Dentro do PDI do curso escolar 2023/2024 estamos a desenvolver unha serie de actividades vinculadas ao río Tins. Unha delas é este pequeno proxecto documental chamado "Plantasías; un proxecto de reconexión coa cultura das árbores" no que participou activamente o alumnado do 3º ciclo do noso centro.

Con todas vós, os proxectos dos grupos de 5º e 6º de Educación Primaria!

 

PREMIO INNOVAGAL NOS MEDIOS

 

Compartimos con vós a repercusión do Premio Innovagal en distintos medios! Só tedes que pinchar nos logos para acceder ás novas!

 

                                        

                                              

                                                  

                                                                      

III CARREIRA SOLIDARIA

 

Xa temos aquí a 3ª Carreira Solidari que se celebrará a favor da fundación MENIÑOS. Anotade a data!

*Podedes descargar o cartaz en adxuntos.

1º PREMIO INNOVAGAL

1º PREMIO CEIP DE OUTES

Estamos de celebración no CEIP de Outes!!!!!

Hoxe vense de publicar a Resolución da Consellería de Educación na que se nos concede o primeiro premio INNOVAGAL. Este premio ten como obxectivo recoñecer o traballo desenvolvido na implementación de metodoloxías innovadoras nos centros educativos.

É un recoñecemento, por tanto, ao camiño andado por esta Comunidade Educativa centrado en construír unha escola que mire á infancia e que atenda as súas necesidades. Unha Comunidade Educativa implicada neste proxecto de escola de maneira activa e, á que lle temos que agradecer o esforzo destes últimos anos que foi premiado hoxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut