Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

COLOQUIO SOBRE RELACIÓNS AFECTIVO-SEXUAIS DE FILLOS/AS

 

Convidamos a todas as familias a asistir ao coloquio sobre as relacións afectivo-sexuais que terá lugar o próximo 5 de xuño na Casa da Cultura de Outes.

Promete ser unha experiencia moi enriquecedora da man de Sonia Fernández e Pepe Cabido.

Esperámosvos!

LISTAXE DEFINITIVA ADMISIÓN ALUMNADO

Todas as solicitudes feitas en prazo foron admitidas.

Pódense consultar as listas na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ entrando coa CHAVE 365 ou co certificado dixital.

Todas as persoas admitidas terán que presentar solicitude de matrícula do 20 ao 30 de xuño. 

PREMIO JAVIER NOVELLE 2023

 

 

Vimos de recibir o premio Javier Novelle 2023 por "atoparlle o lado máis lúdico á tecnoloxía (e outras cousas)", no Día da Ciencia na Rúa que se celebrou o pasado 6 de maio na Coruña.

Non podemos estar máis contentas co recoñecemento ao traballo do noso alumando!

 

LISTAXE PROVISIONAL ADMISIÓN ALUMNADO

Todo o alumnado que fixo en prazo a solicitude de admisión de cara ao curso 23/24 está admitido.

Pódense consultar as listas na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ entrando coa CHAVE 365 ou co certificado dixital.

Para aquelas persoas que desexen consultalo no propio centro as listaxes están expostas no taboleiro do centro.

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

O pasado xoves día 23 de marzo, inauguramos de forma oficial a nosa nova biblioteca, a cal acudiron diferentes representantes da Consellería, do Concello e das familias.

Foi todo un éxito e diferentes medios de comunicación fixéronse eco da nova. Aquí vos deixamos as súas aportacións pinchando nas distintas imaxes:

 

 

              

               

 

COÑECE O NOSO COLE


 

ADMISIÓN ALUMNADO NOVO 24/25

 

Alumnado ao que vai dirixido

   Novo alumnado

Prazo de presentación das solicitudes

   Do 1 ao 20 de marzo de 2024

Documentación

  • Solicitude ED550B
  • DNI do alumno/a ou libro de familia.
  • DNI dos pais.
  • Resolución xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso.
  • E todos aqueles necesarios para evidenciar os puntos alegados.

Presentación de solicitudes

  • Na secretaría do centro.
  • A través da Sede Electrónica.
  • A través da aplicación “admisionalumnado”.

Normativa reguladora do proceso de admisión

Servizos complementarios que ofrece o centro

  • Madrugadores (xestionado polo Concello) e servizo de biblioteca (de 16:00 a 18:00).
  • Comedor.
  • Transporte escolar.

IMPORTANTE

  • Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

CALENDARIO

Do 1 de marzo ao 20 de marzo

Presentación de Solicitudes de Admisión. Modelo

ED550B-Galego

ED550B-Castelán

Do 22 de marzo ao 12 de abril

Presentación da Documentación do Baremo de ser necesario.

25 de abril

Publicación da Lista Provisional.

Do 26 de abril ao 3 de maio

Presentación de Reclamacións á Lista Provisional.

15 de maio

Publicación da Lista Definitiva.

Do 20 de xuño ao 30 de xuño

Formalización da Matrícula.

 

VACANTES CURSO 2024/25

*NEAE= Alumnado con Necesadidaes Específicas de Apoio Educativo

CURSO

VACANTES

CURSO

VACANTES

4º Ed. Infantil

18

2 (NEAE*)

1º Ed. Primaria

9

2 (NEAE*)

5º Ed. Infantil

14

2º Ed. Primaria

11

6º Ed. Infantil

4

3º Ed. Primaria

7

 

 

4º Ed. Primaria

10

 

 

5º Ed. Primaria

11

 

 

6º Ed. Primaria

12

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

Xornada de portas abertas, ven a coñecernos!

Escríbenos a ceip.outes@edu.xunta.gal para anotarte. Alumnado de nova incorporación.

*Descarga o cartel en documentos adxuntos.

PREMIO CONCEPCIÓN ARENAL

Estamos de noraboa!!!
A Deputación da Coruña ven de concedernos o premio Concepción Arenal polo proxecto de igualdades desenvolvido o curso pasado.

“Tecendo Igualdade” é un proxecto levado a cabo polo alumnado de infantil. Podedes ver o comentario do xurado na segunda foto.

O ABC DA NUTRICIÓN INFANTIL

 

Temos a sorte de contar con Ana Martínez Lorente, médica e diplomada en nutrición, no noso centro para falar da alimentación das nenas e nenos.

Agardámosvos!

Distribuir contido


by Dr. Radut