Skip to Content

Esaúde

Pro-patios máis ACTIVOS

Semana da Mobilidade

 

O pasado 20 de setembro celebramos o día da mobilidade na escola.

 

Durante toda a mañá, no patio cuberto de Primaria, tivemos un circuíto de Educación Vial. Ese día todos os que quixeron puidemos vir dende as casas cos nosos patíns, monopatíns, patinetes e bicicletas.  

 

Iso si, con cascos e ben protexidos. 

 

Foi moi divertido, case todos iamos sobre rodas pero, sen fume...

 

Botamos unhas boas carreiras!!!

 

C:\Users\raque\Documents\escola verde\PLANS E PROXECTOS 2021\photocollage_202111720266157.jpg

 C:\Users\raque\Documents\escola verde\PLANS E PROXECTOS 2021\photocollage_2021117202020103.jpg

Charla a 6º Ed. Primaira sobre o consumo de proximidade

O consumo de proximidade é outra forma de educar na sostibilidade e na alimentación saudable. 

Fomentar o consumo de proximidade, consumo de produtos naturais quilómetro cero e froitas e verduras de tempada é do que lles falaron aos alumnos de Sexto de Educación Primaria a comezos de curso. 

Animáronlles a consumir máis alimentos frescos, e non tanto procesados con conservantes e envoltorios plásticos. Alimentos con todas as súas propiedades nutricionais.

Ademais,  este tipo de consumo supón facer uso das tendas e comercios máis próximos as nosas vivendas, as cales axudamos a que se manteñan abertas, axudamos a manter o traballo dos agricultores e granxeiros da zona na que vivimos.  e tamén aforramos deste xeito o gasto enerxético que facemos ao usar o vehículo privado, axudando a parar o cambio climático. 

 

C:\Users\raque\Downloads\Froita de tempada_page-0001 (1).jpgC:\Users\raque\AppData\Local\Packages\microsoft.windowscommunicationsapps_8wekyb3d8bbwe\LocalState\Files\S0\1316\Attachments\20211103_090147[7071].jpg

 

Dende o Ruxidoiro temos cada vez máis claro que,

se conseguimos que os nenos/as aprendan o importante que é

a produción ecolóxica e natural para a saúde, e o desenvolvemento local sostible, garantiremos ao mesmo xeito un Planeta Terra san.

 

 

 

 

Que significa educación para a saúde?

A educación para a saúde é unha educación que promove e ensina hábitos de vida saudables (EDUsaúde).

Os centros educativos son institucións fundamentais para contribuír ao benestar físico e nutricional e emocional d@s nen@s, polo que é necesario promover o coidado da propia saúde e a prevención de enfermidades, así como promover tanto os hábitos alimentarios adecuados como a actividade física para que se poidan manter durante toda a vida.

O benestar físico e emocional do alumnado é determinante para a consecución dunha aprendizaxe eficaz.

Dende os máis cativos de Educación Infantil tentamos inculcarlles a importancia de comer sans, limpar ben as mans, facer exercizo... en definitiva, coidar o noso corpo e a nosa saúde tanto  física como mental.

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut