Skip to Content

Que significa educación para a saúde?

A educación para a saúde é unha educación que promove e ensina hábitos de vida saudables (EDUsaúde).

Os centros educativos son institucións fundamentais para contribuír ao benestar físico e nutricional e emocional d@s nen@s, polo que é necesario promover o coidado da propia saúde e a prevención de enfermidades, así como promover tanto os hábitos alimentarios adecuados como a actividade física para que se poidan manter durante toda a vida.

O benestar físico e emocional do alumnado é determinante para a consecución dunha aprendizaxe eficaz.

Dende os máis cativos de Educación Infantil tentamos inculcarlles a importancia de comer sans, limpar ben as mans, facer exercizo... en definitiva, coidar o noso corpo e a nosa saúde tanto  física como mental.

 

 



contido | by Dr. Radut