Skip to Content

Charla a 6º Ed. Primaira sobre o consumo de proximidade

O consumo de proximidade é outra forma de educar na sostibilidade e na alimentación saudable. 

Fomentar o consumo de proximidade, consumo de produtos naturais quilómetro cero e froitas e verduras de tempada é do que lles falaron aos alumnos de Sexto de Educación Primaria a comezos de curso. 

Animáronlles a consumir máis alimentos frescos, e non tanto procesados con conservantes e envoltorios plásticos. Alimentos con todas as súas propiedades nutricionais.

Ademais,  este tipo de consumo supón facer uso das tendas e comercios máis próximos as nosas vivendas, as cales axudamos a que se manteñan abertas, axudamos a manter o traballo dos agricultores e granxeiros da zona na que vivimos.  e tamén aforramos deste xeito o gasto enerxético que facemos ao usar o vehículo privado, axudando a parar o cambio climático. 

 

C:\Users\raque\Downloads\Froita de tempada_page-0001 (1).jpgC:\Users\raque\AppData\Local\Packages\microsoft.windowscommunicationsapps_8wekyb3d8bbwe\LocalState\Files\S0\1316\Attachments\20211103_090147[7071].jpg

 

Dende o Ruxidoiro temos cada vez máis claro que,

se conseguimos que os nenos/as aprendan o importante que é

a produción ecolóxica e natural para a saúde, e o desenvolvemento local sostible, garantiremos ao mesmo xeito un Planeta Terra san.

 

 

 

 



contido | by Dr. Radut