Skip to Content

Artigos

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

O mércores día 20 foi o día que lle correspondeu a 4ªA para facer de lectores para os compañeiros de 2º. Na biblioteca do cole compartimos espazo e tempo cos compañeiros aos que lles lemos trabalinguas e adiviñas. Fixémolos partícipes xa que tiñan que repetir os trabalinguas e, por suposto, acertar as adiviñas.

Todos estiveron moi atentos e participaron activamente para gañar o aplauso dos compañeiros. Tras rematar a lectura houbo un regalo sorpresa por parte do alumnado de 2º para os de 4º que consistiu nun estupendo marcapáxinas decorado por eles.

                                                    GRAZAS A TODOS POR HABELO FEITO TAN BEN!

 

FISIOTERAPIA NO COLE

O pasado día 7 de abril ( DÍA MUNDIAL DA SAÚDE) os alumnos de 3º, 4ºA e 4ºB tiveron unha charla a cargo da fisioterapeuta Sofía Díaz Basanta quen lles deu algúns consellos para o coidado do seu corpo cando realizan actividades cotiás como: levar a mochila, sentarse correctamente na cadeira, levantar un peso... Todos foron moi participativos e fixeron preguntas moi interesantes!

   E...moitas grazas Sofía!

 

NOVA SAÍDA PARA RECOLLER PLÁSTICO A LLAS

O alumnado de 4ºA volveu a Llas para continuar co proxecto de recollida, pesado e clasificación do plástico atopado na praia.

O primeiro foi repoñer forzas antes de comezar o traballo.

Nada máis chegar atopámonos cunha ave mariña morta porque tragara un anzol.

 

 A medida que íamos camiñando fomos atopando restos dunha embarcación, balizas de sinalización, plástico de diverso tamaño e uso, cordas, agulla de redeira... Tamén recollimos para a "mesa de curiosidades" ovos de manta raia, plumas, esqueletos de cangrexos, cunchas de xibias...

 Encantounos a actividade aínda que algún volveu algo canso ao regreso!

 

O IMPERIO DE 4º

   Este ano tocounos ir caracterizados de algo que tivese que ver coa cultura romana e eliximos de lexionarios ou soldados romanos. O primeiro foi deseñar varios modelos de vestimenta, ao que se brindaron varias nais, para poder guiarnos o resto. No cole fixemos os escudos, as lanzas, os cascos, aprendemos a canción para o desfile ( de Astérix y Obélix), pintamos mosaicos... Tamén collimos libros e algunha revista da biblioteca que foi rotando para que, a modo de "libro viaxeiro", nos fose ambientado día a día.

   Gustounos moito esta actividade sobre todo porque vimos o importante que  é traballar en equipo. E...QUE VIVA O ENTROIDO!

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

   Coma todos os anos celebramos o DÍA DA PAZ. Este ano preparamos dúas cancións con Eva, a profe de música, que cantamos co resto dos nenos e profes do cole no pavillón.

   Tamén fixemos un mural colectivo cheo de estrelas que adorna a entrada do colexio para así lembrarnos que a PAZ HAI QUE CELEBRALA TODOS OS DÍAS.

   E, como non, adornamos a entrada da nosa clase con máis estrelas cheíñas de mensaxes.

  



by Dr. Radut