Skip to Content

Artigos

PLANTAS CARNÍVORAS

Hoxe, Mª José, a "profe das plantas" como lle chamamos cariñosamente, trouxonos estas dúas plantas carnívoras que nunca víramos antes. Imos traer un par de formigas e... a ver que pasa!

O "FALSO PICASSO"

E... por fin, rematada a nosa "guitarra azul" para a que empregamos só cores frías.

 

CELEBRAMOS O 8 DE MARZO: VAI POR ELAS!

Este curso continuamos cunha actividade que quedou truncada pola pandemia o curso pasado. Cada neno-a trouxo a foto dalgunha MULLER que significase moito para el-ela e explicou os motivos da súa elección. FELIZ DÍA A TODAS!

A "BOTELLA DA PAZ" INICIA O SEU PERCORRIDO

Lía foi a encargada de lanzar ao mar a "Botella da Paz" coa nosa mensaxe dentro. A ver se temos sorte e alguén a atopa!

Grazas Lía!

O ENTROIDO XA CHEGOU, XA CHEGOU...

Este entroido, a pesar de ser moi diferente, botámoslle gañas de pasalo ben e de seguir disfrutando desta tradición tan nosa, especialmente en Foz. QUE VIVA O ENTROIDO DE FOZ!

 

A máscara elixida para facer en Plástica (CIGARRÓN)  é doutro lugar de Galicia e resultounos moi interesante saber doutras formas de celebrar o entroido, neste caso de Verín. Os cigarróns perseguen a quen non vai disfrazado!



by Dr. Radut