Skip to Content

Artigos

OLA A TODOS-AS!

   Ola a todos os que nos seguides! Comezamos un novo curso cheos de ilusión, tanto nenos-as, como a profe. Seguiremos aprendendo e disfrutando xuntos.

   Neste blog aparecerán, ademais das actividades de 4ºA, outras das recén inauguradas Seccións Bilingües (Bilingual Sections) e, para comezar un saúdo do primeiro día de clase!

OBRADOIRO DE ROBÓTICA E ARTE

Hoxe tivemos na aula un obradoiro de robótica e arte. Fixemos unha creación artística coa axuda dun sinxelo robot que construímos nós coa axuda do monitor. Para facelo empregamos: un vaso de cartón, unha pila, un pequeno motor, a hélice dun ventilador, velcro, cable e clips. Unha vez feito, pegámoslle uns rotuladores en vertical que parecían as patas do robot e...listo!

Este foi o resultado, diferente pero chuli!

AS NENAS E NENOS DE 3ºA ENTREVISTAMOS A ANA, A NOSA TITORA EN E.INFANTIL

Hoxe tivemos unha visita moi especial á nosa clase. Trátase de Ana Fernández, a que foi a nosa titora en E.Infantil, que veu para facerlle unha entrevista. Contestou amablemente ás nosas preguntas, trouxonos o "libro de recordos" que lle regaláramos e pasámolo xenial! Ana, querémoste!

* No periódico escolar contarémosvos as súas respostas!

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

Para celebrar o día das Letras Galegas elaboramos este mural sobre a vida e obra de Xela Arias que será exposto xunto cos dos outros cursos. Tamén fixemos un caderniño que recolle o máis salientable da súa vida e obra.

 

 

PLANTAS DA NOSA CONTORNA

Cada neno-a da clase clasificou unha folla dunha árbore ou arbusto polo seu bordo e limbo e escribiu as súas características. Bo traballo chicos!



by Dr. Radut