Skip to Content

Blogue de pilibasanta

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

O mércores día 20 foi o día que lle correspondeu a 4ªA para facer de lectores para os compañeiros de 2º. Na biblioteca do cole compartimos espazo e tempo cos compañeiros aos que lles lemos trabalinguas e adiviñas. Fixémolos partícipes xa que tiñan que repetir os trabalinguas e, por suposto, acertar as adiviñas.

Todos estiveron moi atentos e participaron activamente para gañar o aplauso dos compañeiros. Tras rematar a lectura houbo un regalo sorpresa por parte do alumnado de 2º para os de 4º que consistiu nun estupendo marcapáxinas decorado por eles.

                                                    GRAZAS A TODOS POR HABELO FEITO TAN BEN!

 

LA CASA DE TOMASA

 

Bos días!!!

Xa chegou outro venres e, como todos os venres, temos un contiño. Así que aquí vos deixo un moi bonito.

LA CASA DE TOMASA

 

 

Gustouvos o conto? Espero que sí. Agora o que podedes facer é debuxar a Tomasa e a súa casa e tamén podedes debuxar a vosa casa e comparar en que se parecen as dúas casas. Ánimo!!!

 

Tamén podedes facer unha casa con diferentes materiais. Aquí vos deixo algúns exemplos.

 

E para rematar un xoguiño:

SECUENCIAS DE FORMAS

 

Biquiños!!!Boa fin de semana!!!

 

 

 

"ESTRELLA" DAVOS A BENVIDA A TERCEIRO!

Distribuir contido


by Dr. Radut