Skip to Content

Excursión a Manzaneda

Do 17 ao 19 de xuño tivo lugar a excursión a Manzaneda dos nenos e nenas de 6º de Primaria. A pesar de que fixo moito frío e choveu en ocasións, todos o pasaron moi ben e participaron en actividades diferentes como cars, hípica, escalada, sendeirismo, tenis de mesa, fútbol, tiro con arco, billar, piscina e sesión de discoteca.

  

Maias de maio

Este venres, aproveitando que o mes das flores remata, celebramos unha pequena festa cos máis pequeños do cole.
Os nenos e nenas de educación infantil colaboraron co seu ramiño de flores traido da casa, e vestidos de Branco, nestas primeiras “Maias de Maio”, unha exaltación da cultura tradicional galega arredor das flores de maio.
E como nunha festa ten que haber baile e música, os nenos e nenas interpretaron danzando dúas pezas musicais, para o que contamos coa colaboración e bo facer musical de Cuxa e Jose Antonio. Gracias a todos e todas por colaborar!!!

Excursión aos museos da Coruña

Os museos da Coruña foron os lugares elexidos para a excursión de 3º de primaria. Preme na imaxe para ver as fotos da saída.

Excursión a CASA DO QUEIXO

Os nenos e nenas de 2º de primaria foron de excursión á Casa do Queixo. Preme na imaxe para ver algunhas fotos da saída.

MENÚ XUÑO

Xa temos dispoñible o menú de xuño

ÚLTIMA HORA!!!

LIBROS DE TEXTO CURSO 2013/14!!!!!

Preme nos seguintes documentos:

Resumo das instruccións ás familias sobre libros de texto para o vindeiro curso.

Solicitude da axuda.

ANIMACIÓN Á LECTURA 3º

Preme na imaxe para ver as fotos da actividade.

FEIRA DOS LIBROS

A visita de Gerónimo Stilton á feira dos libros foi todo un acontecemento. Moitas familias achegáronse para ver a este personaxe tan famoso e de paso para que lles firmara os seus libros favoritos. O gran traballo realizado polos mestres do equipo da biblioteca do noso centro veuse recompensado pola felicidade e ilusión dos nenos e nenas cando se atoparon con este rato tan singular.... Preme na imaxe para ver un video.

Visita de Antón Cortizas a II Feira dos Libros

O escritor Antón Cortizas estivo con nós o pasado martes na Feira dos Libros presentándonos a súa reciente ENCICLOPEDIA DO BRINQUEDO TRADICIONAL e así mesmo firmando exemplares das súas obras. A participación dos nenos, nenas e familias neste acto encheu de público o hall do colexio O AREAL onde temos instalada a FEIRA.

MENÚ MAIO

Menú do mes de maio....preme aquí!

Visita da garda forestal

Un equipo de forestais da Xunta de Galicia, visitou o centro para falarlles aos nenos e nenas do seu traballo. A charla foi moi entretida xa que lles mostraron contos, videos, imaxes, etc... aprenderon moito sobre os incendios nos montes e fixéronlles numerosas preguntas.

VISITA DE ANTÓN CORTIZAS Á FEIRA DOS LIBROS

O escritor e investigador Antón Cortizas, un dos máis prolíficos e premiados autores da literatura infantil e xuvenil en Lingua Galega, autor das dúas máis importantes recoleccións de xogo, e xoguetes populares do folclore galego, estará con nós o vindeiro 30 de abril, martes, entre as 18 e 19:00 horas, pra compartir con nenas, nenos, nais, pais e público en xeral, uns agradables intres de enredo e lecer. Aproveitaremos esta visita para que nos asine os libros da súa autoría que lle levedes e, de paso, poderemos coñecer de primeira man a súa recén publicada: "ENCICLOPEDIA DO BRINQUEDO TRADICIONAL", que có cedeirés nome de TASTARABÁS, representa o máis importante compendio do mundo lúdico-tradicional, e está chamado a ser un fito sobranceiro nos estudos etnográficos de Galicia e o Estado Español.

Obrigados, Antón, ficamos en débeda.

NON PERDADES ESTA OCASIÓN DE COÑECER PERSOALMENTE A UN DOUS PERSOEIROS CREADORES DE CULTURA!!!!!

VEN A FEIRA DOS LIBROS!!!!

MENÚ ABRIL

Xa se pode consultar o menú de abril. Preme aquí.

MURAL EDUCACIÓN INFANTIL

Mural feito polos nenos e nenas de Educación Infantil....

G

VISITA DO CLUB NATACIÓN CEDEIRA-MUEBLES GARCÍA

O clube de natación de Cedeira visitou aos nenos e nenas de 3º a 6º de Educación Primaria do noso centro. Os adestradores do clube de natación procuraron despertar a motivación dos máis pequenos por este deporte tan completo e saúdable dende os primeiros anos de vida. Ademáis tamén lles mostraron videos, imaxes e fixeron algunhas actividades motrices para que os nenos e nenas se percatasen de que na natación, non todo é nadar. Preme na imaxe para ver as fotos da sesión.

 

MENÚ MARZO

Xa se pode consultar o menú de Marzo.

TRABALLAMOS CÓS CADERNOS DIXITAIS

Os nenos e nenas de 5º traballando cós netbooks do proxecto Abalar.

ACTIVIDADES COAS FERRAMENTAS ABALAR

O alumno de 5º C, Manuel, explicou aos seus compañeiros en qué consiste o GEOCACHING. Unha presentación elaborada en powerpoint polo alumno. Comezamos a adentrarnos no mundo ABALAR, con este tipo de actividades relacionadas coas novas tecnoloxías da información e comunicación.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Visita da policía local!!!

A policía local visitou aos nenos e nenas de 5 anos, xa que foi o seu disfraz no entroido, para falar un pouco do seu traballo. Mirade que ben o pasaron no coche da policia!!!!

Día da paz, 3º de primaria

Video sobre a paz dos alumnos de 3º de primaria. Ver video.

Distribuir contido


by Dr. Radut