Skip to Content

San valentine,s day

O martes 14 de febreiro, festexamos no cole o día de San Valentín dende a área de Inglés. A actividade consistiu nun encontro de xogos para os nenos e nenas de 5º e 6º, nos cales participaron por parellas (neno con nena). A parella gañadora de cada xogo obtivo un premio pero antes debería ler un poema en inglés. A nosa auxiliar de conversa nativa (Kate), fíxose cargo do micro para dar as pertinentes directrices sempre en inglés. Os xogos foron moi divertidos e houbo moitas risas, bailes, música, carreiras, auga, chocolate,... pero sobre todo moito AMOR!!!!! Para ver o video preme no seguinte enlace:      ver video.

Canción protesta carnaval 2012

Escoita a canción do carnaval creada polos mestres e mestras do cole para protestar contra os recortes. 


sentímolo, flash non está dispoñible.

Menú febreiro

Menú de febreiro , preme na imaxe para consultar o novo menú.....


MENÚ XANEIRO

Se queres coñecer o menú de xaneiro preme na imaxe!!!


Concerto didáctico

Tamén no mes de Óutubro asistimos ao Auditorio a un concerto didáctico a cargo da Banda de Cedeira. Estivo moi divertido, e aprendimos moito sobre os instrumentos da banda. A verdade é que cando saímos do cole para facer algunha excursión sempre o pasamos moi ben!!!

Preme na imaxe para ver fotos dese día

A NOSA TENDA DE ROUPA

No mes de Outubro puxemos en marcha a tenda de roupa da nosa aula. Tivemos que selecionar as prendas, etiquetalas, comezar a escribir o inventario, as facturas... Bufffff, moito traballo. As prendas da nosa tenda están sempre de oferta, entre 1 e 5 euros polo de agora... Así sempre cadran as contas, e é todo máis sinxelo. Pero o primeiro que tivemos que escoller foi o nome, e o logo; fixemos cada ún un debuxo e votamos entre todos para decidirnos. Como a cousa estaba moi reñida, pedimos axuda aos nenos da profe Carmen, que tamén votaron polo seu logo favorito. O máis votado foi o deseño de CARLOS.

E así comezou a funcionar a... "TENDA DE GORILÓN"

Preme no logo para ver imaxes da votación...

ARTE EN GRUPO!!!

Cada día que pasa somos máis artistas, e gustounos moito experimentar coas cores de Outono.                                           Decidimos facer uns murais conxuntos, estampando con esponxas.                                                                                         Preme na imaxe para ver cánto traballamos!!!


APRENDEMOS CÓ ORDENADOR

Dende o grupo de mestres que levamos a cabo o plan de introducción das TICS nos procesos de ensinanza-aprendizaxe, traballamos neste primeiro trimestre cós nenos e nenas de Educación Infantil. Os máis pequenos aprenderon a manexar o rato e a familiarizarse coas actividades máis básicas, mentres que os de 4 e 5 anos traballaron xa con actividades un pouco máis complexas. Na sección "Aula virtual" no menú superior, e facendo clic en recursos e logo en ligazóns; aparecen enlaces a páxinas webs para o alumnado de todas as idades. Deixamos aqui unhas fotos da experiencia, que ben o pasaron!!!!


FESTIVAL NADAL

Os nenos e nenas de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria participaron hoxe martes 20 de decembro no Festival do Nadal. A festa tivo moito colorido xa que todos ían cos seus respectivos disfraces, non faltou a música, os bailes, panxoliñas e cancións populares propios destas datas. 


Comezamos a navegar!!!!

Ola familias!!! Os nenos e nenas da aula de catro anos C queremos empezar a participar na Web do cole. A partir de agora intentaremos informarvos de todas as novidades, noticias, experiencias, festas, actividades e vivencias da nosa aula. Esperamos que vos guste e nestas vacacións de nadal aproveitaremos para contarvos cousas que pasaron neste primeiro trimestre. Vai ser unha bonita e emocionante viaxe!!! E como di a profe: sempre aprendemos disfrutando, e disfrutamos aprendendo!!!!! Saúdos, e todos a navegar...


MENÚ COMEDOR

Xa podes consultar o menú de decembro, preme na imaxe....



 

EXCURSIÓN A CELORIO, ASTURIAS. PROXECTO DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA.

Un éxito, así se pode calificar a excursión a Celorio (Asturias) dos nenos e nenas de 6º de primaria dentro do proxecto de inmersión lingüística (PIL). Os alumnos e alumnas tiveron un comportamento exemplar, e compartiron actividades e convivencia con outro centro educativo de Madrid, có cal conxeniaron dende o primeiro intre. O día da despedida foi moi triste para todos. Os monitores non lles falaron nin unha palabra en castelán, todo en inglés. A experiencia foi moi satisfactoria. Grazas a Hilda, Rosi e Kate polo seu fantástico traballo!!!


Para ver as fotos preme na imaxe.




 

MAGOSTO E DÍA DO PEÓN

 O xoves 10 de novembro festexamos no centro dúas celebracións. Por unha parte os nenos e nenas de primaria xogaron coas súas peonzas no patio para rendir homenaxe a este xogo tradicional que forma parte da nosa cultura. Por outra parte, todos os alumnos e alumnas do centro festexaron o tradicional magosto escolar, con castañas e leite, para rematar un día especial de carácter lúdico, con música de fondo, e cunha climatoloxía boa que permitiu disfrutar a todos e todas da festa.


Preme na imaxe para ver todas as fotos...


MENÚ NOVEMBRO

Xa tedes dispoñible o menú de novembro para consultar na web, preme na imaxe


Menú outubro

Para coñecer o menú do mes de outubro, preme aquí


INFORMACIÓNS

Na sección de documentos en pais/nais, atoparedes artigos interesantes sobre diferentes aspectos relacionados coa educación dos nenos e nenas. Grazas.

Menú setembro

Para descargar o menú do mes de setembro preme aquí!!!


Distribuir contido


by Dr. Radut