Skip to Content

XOGANDO AO BALONCESTO

Comezamos este curso en 5º e 6º de Educación Primaria coa unidade didáctica: "XOGAMOS AO BALONCESTO". Todas as clases asistiron a algunha sesión no polideportivo, e os nenos e nenas de 6ºA tiveron o privilexio de recibir unha clase maxistral de Pablo Moreda, ex-xogador de baloncesto. Preme na imaxe para ver algunhas fotos.

Novo portalón no CEIP NICOLÁS EL RÍO

O noso colexio xa ten novo portalón de entrada, o Concello de Cedeira fíxose cargo da sustitución do portalón debido ao seu mal estado. O noso seguinte obxectivo a nivel de reformas será loitar por conseguir a instalación do cableado de internet do edificio do Areal e a sustitución do valado exterior pola parte da praia, sempre intentando mellorar as condicións do noso colexio.

CHARLA INFORMATIVA ALERXIAS

O martes 28 de outubro visitou o noso centro o Doutor. EMILIO FERNÁNDEZ (Pediatra e alergólogo do hospital Arquitecto Marcide) para ofrecer unha CHARLA INFORMATIVA PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA sobre "PROTOCOLO REACCIÓNS ANAFILÁCTICAS, ADMINISTRACIÓNS DE ADRENALINA". Esta actividade foi organizada polas familias de nenos e nenas con alerxias alimentarias en colaboración co Ceip Nicolás del río. 

MENÚ MES OUTUBRO

PREME AQUI PARA VER O MENU DO

MES DE OUTUBRO.

RECORDOVOS CO 31 DE OUTUBRO É

O DIA DO ENSINO, NON É LECTIVO.

Calendario escolar do Ceip Nicolás del Río

CALENDARIO ESCOLAR

Unha vez reunidos o Claustro e o Consello Escolar, en base a "Orde do 13 de xuño do 2014 pola que se aproba o calendario escolar", e unha vez feita a solicitude dos dous días non lectivos escollidos polo centro; xa temos dispoñible o noso calendario escolar. 

DESCARGA O CALENDARIO ESCOLAR AQUÍ

BENVIDOS A SERVICIO DO COMEDOR

LISTAXE DEFINITIVO DE LIBROS DE TEXTO

Xa se pode DESCARGAR o listado definitivo de libros de texto para o curso 2014/15.

COLABORADORES COMEDOR

ANUNCIA DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN PARA COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2014/15. (Anuncio exposto no centro)

Aspectos a ter en conta:

  • Poden apuntarse a estas listas de admisión os pais, nais, titores legais e acolledores familiares do alumnado do centro.
  • Aínda que no anexo IV pon que é un traballo altruísta, ten unha compensación económica por día traballado.
  • Os días que se traballe, os colaboradores poderían comer gratis no comedor.
  • Quedarán excluídos os colaboradores que xa traballaron o curso pasado mais de 36 días.
  • As listas estarán abertas na oficina do centro ata o 28 de setembro como marca a lei, aínda que é recomendable apuntarse canto antes, xa que o comedor comeza o 10 de setembro coincidindo co inicio das clases.
  • Comezarase a chamar a persoas desta lista sempre e cando non houbera mestres ou persoal non docente do centro 
    (que se presente voluntario) suficiente para atender o comedor.

 

PLÁSTICA EN INGLÉS EN 5º E 6º

Art Projets: Picasso, Maruja Mallo and Dalí

 

Traballo realizado polos rapaces e rapazas de 5º e 6º nas seccións bilingües de plástica. Preme nos nomes dos artistas para ver os videos.

        PABLO PICASSO    MARUJA MAYO       SALVADOR DALÍ  

FOTOS 1ºB

Preme na imaxe para descargar fotos dos nenos e nenas de 1º B na escola. Moito traballaron!!!

MASTER CHEF EN 6ºC

Na clase de 6ºC fixeron un concurso de Master Chef. Os nenos e nenas que quixeran participar tiñan que traer un video feito na casa coa axuda dun adulto na cociña, elaborando unha comida. Estes foron os traballos presentados:

EXCURSIÓN 3º DE PRIMARIA

Preme na imaxe para ver as fotos da excursión dos nenos e nenas de 3º de Ed. Primaria a Acuaciencia e ao Museo Galego de Historia Natural.

 

CONCURSO MARCAPÁXINAS

O xoves 19 de xuño entregáronse na Biblioteca Municipal os premios aos gañadores do Concurso de Marcapáxinas co motivo das Letras Galegas. O tema dos  marcapáxinas foi "Cedeira" (lugares, paisaxes, monumentos...). O Concello editará carteis e os marcapáxinas gañadores, que se repartirán entre o alumnado do centro no vindeiro curso. Ver noticia, noticia1.

EXCURSIÓN MANZANEDA

Descarga as fotos e un breve video editado da excursión de 6º de Educación Primaria a Manzaneda.

DESCARGA VIDEO DESCARGA DE FOTOS 1 2 3 4 5

SOLICITUDE PRAZA DE COMEDOR 2014/15

Descarga de solicitude de praza no comedor e instruccións para o curso 2014/15

VISITA DE ÁLVARO PORTO DAPENA

O Cadeirádego Emérito da Universidade da Coruña, Álvaro Porto Dapena, membro correspondente da Academia de la Lengua Española, autor dunha amplísima e moi valorada obra científica lingüística, especialmente no ámbito da lexicografía, deu unha clase maxistral aos alumnos e alumnas de 6ºC sobre a importancia das palabras e a orixe de topónimos, nomes e apelidos.

EXCURSIÓN 5 ANOS

Excursión de 5 anos ao Acuario Finisterrae da Coruña. Preme na imaxe para ver as fotos.

PIRAGÜISMO NA ESCOLA

Actividade de piragüismo para 5º de Educación Primaria, enmarcada dentro dos Xogos Mariñeiros organizados polo ANPA Picapeixe. Os nenos e nenas participaron nesta actividade dunha forma moi satisfactoria coa axuda e vixiancia de Salvamento Marítimo. Houbo medallas e un vale de compra de 5 euros en Decatlon para os que participaron. Preme na imaxe para ver as fotos.

TEATRO: " NICOLÁS E FADA CANINA"

Os nenos e nenas do Ceip Nicolás del Río, agás os de 3 anos e os de 3º de Educación Primaria que xa tiñan programada outra actividade, acudiron ao Auditorio para ver unha obra de teatro titulada: "NICOLÁS E A FADA CANINA", interpretada polo grupo "Teatro da Vila". Esta obra é unha das actividades do proxecto único e pioneiro a nivel internacional "CANCIENCIA" que se centra na prevención de ataques de cans na infancia.

 

MENU XUÑO

PREME NA IMAXE PARA VER

O MENU DE XUÑO.

Distribuir contido


by Dr. Radut