Novas

CALENDARIO ESCOLAR

Infórmase que o luns día 16 de maio é día non lectivo no Ceip Nicolás del Río e polo tanto non haberá clase. As clases reiniciaranse o mércores 18 de maio. Un saúdo.

A DIRECCIÓN

TEMOS RELOXO NOVO!!!

Esta semana estreamos novo reloxo para o andar principal, para que tanto o noso alumnado coma o profesorado non se despisten e sexan moi puntuais nas súas clases.  O reloxo foi un agasallo de R & J FARRUCO, grazas!!!

MELLORAS NO CENTRO

O noso patio de area xa está en condicións óptimas polo que o equipo directivo do centro decidiu facer a súa reapertura. O Concello de Cedeira cumpliu todas as demandas que se fixeron dende o colexio e dende o Consello Escolar. Todo o valado foi sustituído, os piñeiros talados representaban unha ameaza polo seu estado e a excesiva proximidade ao centro, xa queda solucionado o tema da procesionaria, e toda a area foi sometida a un proceso de limpeza e nivelación. A partir de agora, o patio de area será un espazo máis no recreo para xogar pero sempre de xeito opcional para os nenos e nenas que así o queiran.

Á nosa compañeira Marichelo

Unha boa mestra non soamente ensina, tamén acompaña, apoia e ama. Estaremos eternamente agradecidos por tantos anos de amor ao teu traballo. Sempre lembraremos a túa alegría a diario, o teu bo facer e o teu inmenso exemplo.

VOLTA CICLISTA A ESPAÑA

O mércores 10 de setembro pasa a Volta Ciclista a España pola nosa Vila. Ante a imposibilidade de que os mestres acompañen ao alumnado a ver a Volta Ciclista debido a que é o primeiro día de clase e non temos as autorizacións para poder sacar aos nenos e nenas do recinto escolar; o Consello Escolar, onde están representados todos os membros da Comunidade Educativa, acordou reducir a xornada escolar de 8:55 a 11:00 horas. Haberá transporte escolar ás 11:00 horas.

Distribuir contido