blogue dealex

Biblioteca

GRUPOS INTERACTIVOS E FORMACIÓN DE USUARIOS

Iniciamos o curso escolar programando as actividades de formación do alumnado como usuarios da biblioteca escolar do centro.

 

Os espazos da biblioteca, a organización dos fondos, a variedade de recursos a empregar, as normas de uso, o préstamo de libros...son algúns dos aspectos que se abordan nestas primeiras sesións.

 

Durante o desenvolvemento das actividades, o alumnado organízase a modo de grupos interactivos. Nesta forma de organización ten un valor engadido a presenza dun adulto voluntario en cada un dos subgrupos, favorecendo a interacción, participación e resolución das tarefas por parte do alumnado.

 

Todas as familias quedades convidadas a participar nestas actividades de formación de usuarios, actuando como adultos voluntarios.

 

 

 

 

ESCOLA DE FAMILIAS

ESCOLA DE FAMILIAS

MANDATOS DO ENTROIDO

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2019/2020

LISTAXES DO PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2019/2020

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (PREMER AQUÍ)

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL (PREMER AQUÍ)

LISTAXE DE SOLICITUDES DE AMISIÓN FÓRA DE PRAZO (PREMER AQUÍ)

PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2019/20 (PREMER AQUÍ)

 

Listaxe do alumnado con reserva de praza no IES Punta Candieira para o curso 2019/2020

Dous traballos premiados no IV Concurso de Traballos por Proxectos !!!!

Queremos compartir a nosa ledicia!

A biblioteca da escola vén de recibir por segundo ano consecutivo o recoñecemento da Dirección Xeral de Centros polos seus traballos por proxectos do curso pasado.

Para saber máis pincha nos seguintes enlaces

 

BOAS NOTICIAS BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA

 

RESOLUCIÓN DO IV CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS