Skip to Content

blogue dealex

Axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar

Esta axuda é para compensar os días lectivos que o alumnado tiña que comer no comedor escolar e que pola situación na que nos atopamos non poden facer uso del.

Orde do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar.

 

Prazo de presentación: Do 31 de marzo ao 6 de abril (ambos inclusive)

Requisitos para solicitar a axuda:

Alumnado coa condición de usuario gratuito do servizo de comedor

Alumnado coa condición de usuario que pague 1 €/día de servizo de comedor

Forma de presentación:

Telematicamente na sede electrónica da Xunta de Galicia. CÓDIGO DO PROCEDEMENTO – ED601B. Teñen que dispoñer de certificado dixital ou Chave365 .

Soamente as familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo en que se escolarizan as/os súas/seus fillas/os colaboren na formalización da solicitude por medio do correo electrónico ceip.nicolas.rio@edu.xunta.gal ou no teléfono do centro 881930091.

Documentación a aportar:

DNI da nai, pai ou titor legal do alumnado

Datos do alumnado

Número de conta bancaria

RESERVA DE PRAZA PARA O IES PUNTA CANDIERA- CURSO 2020/2021

PUBLICACIÓN DA LISXTAXE DEFINITIVA DE RESERVA DE PRAZA PARA O IES PUNTA CANDIEIRA CURSO 2020/2021 PARA O ALUMNADO DE 6º EDU. PRIMARIA A LISTAXE ESTÁ A VOSA DISPOSICIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DA SECRETARÍA DO CENTRO

 

O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA TEN QUE FACER A RESERVA DE PRAZA PARA O IES PUNTA CANDIEIRA PARA O CURSO 2020/2021

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES É DO 1 AO 17 DE FEBREIRO (Na cretaría do CEIP Nicolás del Río)

NO CASO DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO A SOLICITUDE TERÁ QUE IR ASINADA POR AMBOS PROXENITORES

O ANEXO I (BIS) DA SOLICITUDE - COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR TEN QUE IR ASINADO POLOS MAIORES DE IDADE (NO CASO DE MENORES ASINARÁ UN DOS PROXENITORES)

SOLICITUDE

Biblioteca

GRUPOS INTERACTIVOS E FORMACIÓN DE USUARIOS

Iniciamos o curso escolar programando as actividades de formación do alumnado como usuarios da biblioteca escolar do centro.

 

Os espazos da biblioteca, a organización dos fondos, a variedade de recursos a empregar, as normas de uso, o préstamo de libros...son algúns dos aspectos que se abordan nestas primeiras sesións.

 

Durante o desenvolvemento das actividades, o alumnado organízase a modo de grupos interactivos. Nesta forma de organización ten un valor engadido a presenza dun adulto voluntario en cada un dos subgrupos, favorecendo a interacción, participación e resolución das tarefas por parte do alumnado.

 

Todas as familias quedades convidadas a participar nestas actividades de formación de usuarios, actuando como adultos voluntarios.

 

 

 

 

ESCOLA DE FAMILIAS

ESCOLA DE FAMILIAS

MANDATOS DO ENTROIDO

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2019/2020

LISTAXES DO PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2019/2020

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (PREMER AQUÍ)

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL (PREMER AQUÍ)

LISTAXE DE SOLICITUDES DE AMISIÓN FÓRA DE PRAZO (PREMER AQUÍ)

PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2019/20 (PREMER AQUÍ)

 

Listaxe do alumnado con reserva de praza no IES Punta Candieira para o curso 2019/2020

Dous traballos premiados no IV Concurso de Traballos por Proxectos !!!!

Queremos compartir a nosa ledicia!

A biblioteca da escola vén de recibir por segundo ano consecutivo o recoñecemento da Dirección Xeral de Centros polos seus traballos por proxectos do curso pasado.

Para saber máis pincha nos seguintes enlaces

 

BOAS NOTICIAS BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA

 

RESOLUCIÓN DO IV CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS

 

PROCLAMACIÓN DAS CANDIDATURAS ELECTAS DE MESTRES PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

Dª Marta Cameselle Barge, directora do centro e presidenta da Xunta Electoral do mesmo, en virtude do establecido no Decreto 92/1988 do 28 de abril sobre órganos de participación no control e xestión dos centros docentes públicos.

 PROCLAMA, no nome da Xunta Electoral, os seguintes candidatos/as electos/as de mestres deste Centro que pasan a formar parte do Consello Escolar:

 

Dª Ana Isabel Rodríguez Rodríguez con 24 votos

 

 Dª.Susana Martínez López con 22 votos

 

 Candidaturas non elixidas:

 

 Dª Iria Tejeiro López con 8 votos

 

Dª Iria Riveiro Poisa con 7 votos

 

Dª Rosa María González Casal con 1 voto

 

PROCLAMACIÓN DAS CANDIDATURAS ELECTAS DE PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

Dª Marta Cameselle Barge, directora do centro e presidenta da Xunta Electoral do mesmo, en virtude do establecido no Decreto 92/1988 do 28 de abril sobre órganos de participación no control e xestión dos centros docentes públicos.

PROCLAMA, no nome da Xunta Electoral, os seguintes candidatos electos de pais/nais/titores legais do alumnado deste Centro:

 

Dª.María Teresa Prados Vellón con 63 votos

 

Dª .María Isabel Fernández Pazos con 60 votos

 

D. Roberto Pérez Timiraos con 54 votos

 

Candidaturas non elixidas:

 

.María Teresa Casal Barcia con 51 votos

 

Dª. Ana Mari Loureiro Loureiro con 35 votos

CALENDARIO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018/20

·       DÍA 5-8 NOVEMBRO

-         Constitución Xunta Electoral

-         Publicación das convocatorias de eleccións.

-         Publicación provisional dos censos (na secretaría).

 

·       9 - 19 NOVEMBRO DE 9:00 A 13:30

-          Prazo presentación de Candidaturas.

 

·       20 NOVEMBRO (2ª reunión Xunta Electoral)

-         Proclamación e publicación de candidaturas

-         Aprobación censos definitivos

-         Aprobación de modelo de papeletas

-         Sorteo público da designación dos membros das mesas

 

·       21 - 22 NOVEMBRO

-         Prazo reclamacións á proclamación de candidaturas.

 

·       23 NOVEMBRO

-         Resolución ás reclamacións.

 

·       27 NOVEMBRO

-       Celebración votacións

-       Pais/nais

-       Profesorado

 

·       29 NOVEMBRO (3ª reunión Xunta Electoral)

-         Proclamación de candidatos electos

-         Traslado ao Xefe Territorial das copias de actas das votacións

 

ELECCIÓNS RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR 2018/19

CONSTITUCIÓN XUNTA ELECTORAL

 

Realizado o sorteo público o día 30 de Novembro na secretaría do centro ás 12:00h para a constitución da Xunta Electoral, regulada no Decreto 92/1988 do 28 de abril, queda constituída do seguinte xeito:

Directora: Marta Cameselle Barge

Profesor/a: Alejandro Martínez López

Pai/Nai: Susana Romero Crego

Representante de administración e servizos: Rocío Yáñez Rodríguez

 

Son competencias da citada xunta:

Aprobar e publicar os censos electorais, que deberán reflexar, en todo caso, nome e apelidos dos electores.

b)    Concretar o calendario electoral, de acordo co establecido no regulamento.

c)     Ordenar o proceso electoral.

d)    Admitir e proclamar candidaturas.

e)     Promover a constitución das distintas mesas electorais.

f)      Resolver as reclamacións presentadas contra as resolucións das mesas electorais.

g)     Proclamar os candidatos elixidos e remitir as correspondentes actas á Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

ELECCIÓNS RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR 2018/19

 

SORTEO PARA CONSTITUÍR A XUNTA ELECTORAL (premer aquí)

Resolución do 25 de setembro de 2018 (premer aquí)

I XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR

MATRÍCULA CURSO 2018/19

 

O ALUMNADO DE NOVO INGRESO NO CURSO 2018/19 DEBERÁ FORMALIZAR A MATRÍCULA DENDE O 20 AO 30 DE XUÑO

OS IMPRESOS E A DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁN ACHEGAR ESTÁN A VOSA DISPOSICIÓN EN SECRETARÍA

NOTA: O ALUMNADO QUE PASA PARA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA TAMÉN DEBERÁ FORMALIZAR A MATRÍCULA E ACOMPAÑAR 2 FOTOS RECENTES (TAMAÑO CARNET) O PRAZO É O MESMO (DO 20 AO 30 DE XUÑO). ENVIAMOS A SOLICITUDE POLO ALUMNADO

Distribuir contido


by Dr. Radut