Skip to Content

Educación Física

EDUCACIÓN FÍSICA: RESUMO ACROSPORT 5º

CARREIRA CAMPO A TRAVÉS

PSICOMOTRICIDADE

BAILAMOS EN EDUCACIÓN FÍSICA


ACTIVIDADES ACUÁTICAS

I OLIMPIADA ESCOLAR

CHARLA PREVENCIÓN DROGAS 6º DE PRIMARIA

Acrosport 3ºA

BAILANDO NA ESCOLA

Nas clases de Educación Física tivemos a sorte de recibir as visitas das monitoras de baile moderno e zumba, Esther e Ivana, coas que bailaron en varias sesións de clase. Moitas gracias a Ivana e Esther pola súa colaboración!!!

 

 

TORNEO DE XADREZ

Comezou o torneo de xadrez nos recreos, coa axuda do mellor xogador cedeirés , Juan Caneiro, que imparte a actividade extraescolar de xadrez no colexio, e acude nos recreos para apoiar aos nenos e nenas neste deporte tan complexo.

Torneo de futbolín

Antón e Borja de 6ºB, foron os gañadores do torneo de futbolín nos recreos, que tivo unha participación de máis de 150 nenos e nenas. A final foi moi disputada, contra Marcos e Raúl, pero o resultado final foi de 5-4 para os gañadores.

FLASHMOB NO RECREO

SESIÓNS DE ZUMBA

Descargar videos da sesión de zumba impartida por Ivana Giustossi en 5º e 6º de Ed. Física

5ºA            5ºB

6ºA          6ºB           6ºC

Desde a dirección do Centro infórmase que seguindo a Lei de Protección de datos e a Lei do Menor queda prohibido empregar os recursos audiovisuais, tales como imaxes e videos, para publicar e difundir en redes sociais.

 

XOGANDO AO BALONCESTO

Comezamos este curso en 5º e 6º de Educación Primaria coa unidade didáctica: "XOGAMOS AO BALONCESTO". Todas as clases asistiron a algunha sesión no polideportivo, e os nenos e nenas de 6ºA tiveron o privilexio de recibir unha clase maxistral de Pablo Moreda, ex-xogador de baloncesto. Preme na imaxe para ver algunhas fotos.

EXCURSIÓN MANZANEDA

Descarga as fotos e un breve video editado da excursión de 6º de Educación Primaria a Manzaneda.

DESCARGA VIDEO DESCARGA DE FOTOS 1 2 3 4 5

PIRAGÜISMO NA ESCOLA

Actividade de piragüismo para 5º de Educación Primaria, enmarcada dentro dos Xogos Mariñeiros organizados polo ANPA Picapeixe. Os nenos e nenas participaron nesta actividade dunha forma moi satisfactoria coa axuda e vixiancia de Salvamento Marítimo. Houbo medallas e un vale de compra de 5 euros en Decatlon para os que participaron. Preme na imaxe para ver as fotos.

DEPORTES NO RECREO

Dende Educación Física organizamos torneos e campionatos de fútbol, brilé,.... no patio do Areal, para 3º e 4º de Educación Primaria. Tamén para 5º e 6º estamos facendo un torneo de futbolín que está tendo moito éxito.

 

Xogamos ao Badminton!!!

Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria asistiron ao polideportivo municipal en varias ocasións para practicar deportes coma o baloncesto, futbol sala e neste caso para xogar ao Badminton. Dende o centro agradecemos ao Concello e aos traballadores do polideportivo a colaboración e apoio para poder impartir as clases de educación física cando o consideremos oportuno.

 

 

XOGANDO AO ATLETISMO

O luns 7 de abril os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria participaron nunha xornada de "Xogando ao Atletismo", organizada pola Xunta, no polideportivo de Moeche. Tamén asistiron outros colexios da zona.

CARREIRA CAMPO A TRAVÉS

O venres 24 de xaneiro tivo lugar a tradicional "Carreira de Campo a través" entre varios colexios da comarca. Do Ceip Nicolas del Río participaron todos os nenos e nenas de 3º a 6º. Os mestres de Educación Física queremos agradecer ás familias e aos mestres pola súa colaboración na xornada a pesar da mala climatoloxía. Preme na imaxe para ver algunhas fotos da carreira.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut