Skip to Content

Educación Física

CARREIRA CAMPO A TRAVÉS

O venres 24 de xaneiro tivo lugar a tradicional "Carreira de Campo a través" entre varios colexios da comarca. Do Ceip Nicolas del Río participaron todos os nenos e nenas de 3º a 6º. Os mestres de Educación Física queremos agradecer ás familias e aos mestres pola súa colaboración na xornada a pesar da mala climatoloxía. Preme na imaxe para ver algunhas fotos da carreira.

 

Gómez Noya

Traballo realizado e exposto na aula Abalar de 6º C polo alumno Manuel.


NON AO TABACO!!!

Preme na imaxe para ver os traballos dos nenos e nenas de 5º con portadas en contra do tabaco.

VISITA DO CLUB NATACIÓN CEDEIRA-MUEBLES GARCÍA

O clube de natación de Cedeira visitou aos nenos e nenas de 3º a 6º de Educación Primaria do noso centro. Os adestradores do clube de natación procuraron despertar a motivación dos máis pequenos por este deporte tan completo e saúdable dende os primeiros anos de vida. Ademáis tamén lles mostraron videos, imaxes e fixeron algunhas actividades motrices para que os nenos e nenas se percatasen de que na natación, non todo é nadar. Preme na imaxe para ver as fotos da sesión.

 

FOTOS DA CARREIRA

AQUÍ TEMOS OS NOSOS FUTUROS ATLETAS!!!

PREME NAS IMAXES PARA VER MÁIS FOTOS....

CARREIRA CAMPO A TRAVÉS

Todos os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º participaron na fase local da tradicional carreira de campo a través organizada pola sección de deportes da Xunta de Galicia. Participaron os coles de Mañón, Moeche, Cariño e Cedeira.

Dende o departamento de Educación Física queremos agradecer aos mestres do noso cole a súa axuda e colaboración, implicándose na actividade e incluso acudindo cos máis pequenos a animar aos participantes.

Estas nenas representan o espíritu do deporte escolar. O importante é participar e esforzarse.


BAILANDO NA ESCOLA!!!

Os nenos e nenas de 3º e 5º disfrutaron dunha xornada de baile moderno na clase de educación física, impartida por Esther, a nai de Irene. Dende o centro, agradecemos a colaboración de Esther que fixo un moi bo traballo de xeito desinteresado.


 


XOGANDO AO MINI-BASKET

As clases de 5º e 6º remataron a unidade didáctica de Mini-basket xogando uns partidos no polideportivo municipal.Preme na imaxe para ver as fotos!!!

XOGOS POPULARES

Chegou o fin de curso, e como vimos facendo tradicionalmente, participamos nunha sesión de xogos tradicionales e populares. A chave, a comba, o brilé, sogatira, zancos, mariolas, chapas, peonzas, canicas e outros xogos foron os protagonistas xunto cós nenos e nenas no último día de clase. Preme na imaxe para ver todas as fotos....

EXCURSIÓN A MANZANEDA

Xa temos as primeiras fotos da excursión a Manzaneda. Os nenos e nenas participaron en numerosas actividades como tiro con arco, montaron a cabalo, Kars, piscina, rocódromo, orientación, sendeirismo.... e o que máis lles gustou, A DISCOTECA!!! Iremos colgando máis fotos, preme na imaxe para ver todas na galería.

XOGANDO AO ATLETISMO!!!

Os nenos e nenas de 3º e 4º de Ed. Primaria asistiron a unhas xornadas de "Xogando ao Atletismo" na Barqueira. Outros coles tamén participaron, e coñeceron diferentes probas de lanzamentos, saltos, carreiras, relevos, etc.... Preme na imaxe para ver as fotos da galería!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut