Skip to Content

Blogues

LISTAXE DE MATERIAIS POR NIVEIS

LISTAXES DE MATERIAL PARA OS CURSOS 1º,2º, 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA.

AVISO IMPORTANTE REUNIÓN 3º DE PRIMARIA COAS TITORAS

Por razón alleas ao centro, a reunión de 3º de primaria prevista para mañá queda postposta para o venres 6 ás 10:00h. Desculpade as molestias.

REUNIÓNS COAS FAMILIAS DE PRINCIPIO DE CURSO

As reunións das titoras e titores de principio de curso, coas familias para o curso 2024-2025 quedan da seguinte maneira:

 Martes 3/09/24:  Reunión 1º de educación primaria ás 11:00h.

 

Mércores 4/09/24:Reunión 2º de educación primaria ás 11:00h.

                               Reunión 4º de educación primaria ás 12:00h.

                               Reunión 6º de educación primaria ás 13:00h.

 

Xoves 5/09/24:     Reunión 3º de educación primaria ás 12:00h.

                               Reunión 5º de educación primaria ás 13:00h.

 

Venres 6/09/24:    Reunión 4º de educación infantil  ás 11:00h.

                               Reunión 5º de educación infantil ás 12:00h.

                               Reunión 6º de educación infantil ás 13:00h.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS NO COMEDOR ESCOLAR CURSO 2024-2025

Xa está dispoñible na secretaría do centro a LISTAXE DEFINITIVA de alumnado ADMITIDO no servizo de COMEDOR ESCOLAR para o curso 2024-2025.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS NO COMEDOR ES COLAR CURSO 2024-2025

XA ESTÁ DISPOÑIBLE NA SECRETARÍA DO CENTRO A LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO NO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2025.

AVISO DA "ANPA PICAPEIXE"- SERVIZO DE MADRUGADORES

Para o próximo curso 2024/2025, a ANPA Picapeixe seguirá ofertando o servizo de madrugadores. Tanto familias xa usuarias como as de nova incorporación, poden poñerse en contacto coa Asociación a través das seguintes canles:

Teléfono e WhatsApp:
624 61 13 86
Correo electrónico:
anpapicapeixe@gmail.com 

 

PRAZOS DE XULLO

PRAZOS DO MES DE XULLO CON RESPECTO AO COMEDOR, TRANSPORTE ESCOLAR E RECOLLIDA DE VALES DE MATERIAL E LIBROS DE TEXTO.

NOVAS MATRÍCULAS CURSO 24-25

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN DENDE HOXE DÍA 20 DE XUÑO AO 30 DE XUÑO. PODEDES PASAR POLA SECRETARÍA DO CENTRO POLOS IMPRESOS.

APERTURA PRAZO COMEDOR ESCOLAR 2024-2025

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR E TRANSPORTE DENDE HOXE DÍA 17 DE XUÑO ATA LUNS 8 DE XULLO.

INSTRUCIÓN 1/2024, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL, DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2024-2025

PARA COMEDOR CUBRIR:

-ANEXO II (dispoñible no documento adxunto).

-SOLICITUDE COMEDOR 2425 (documento adxunto)

PRAZO PARA SOLICITUDE COLABORADORES DE COMEDOR: DENDE 25 DE XUÑO AO 1 DE SETEMBRO (ANEXO IV)

 

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO 24/25

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial para o curso escolar 2024/25.

Prazo do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024.

As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II), accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal 

Tamén poderanse presentar presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Na seguinte ligazón tedes toda a información  Orde do 7 de maio

 

Spring Week 2024

O alumnado de sexto participante no "Spring Week" gozou dunha semana de inmersión lingüística en Mondariz. Trátase dun programa da Consellería de Educación que ten como obxectivos a estimulación práctica e oral da lingua inglesa e o seu emprego en contextos comunicativos máis amplios, con apoio de profesorado nativo en lingua inglesa e a realización de actividades de interés cultural, social, artístico e medioambietal. Ademáis, potencia o desenvolvemento da autonomía e o fomento da convivencia con outros nenos e nenas. Unha semana chea de novas experiencias para sumar ao seu paso pola etapa de educación primaria.

 

 

Teatro Musical

O alumnado de 3º interpretou unha adaptación do libro "Gotas de cores".  Xurdiu como ocorren as mellores ideas, a demanda do alumnado tras ler e escoitar o conto.  Esta xornada de Teatro Musical foi o broche final para despedirnos de Alba Iglesias, alumna de prácticas de maxisterio, quen se implicou de cheo nesta e noutras actividades de centro. Tiñamos poucas sesións por diante para preparala, pero fíxose con moito agarimo e coa participación esencial de Alba.

Con esta historia viaxamos por diferentes países do mundo, aprendendo os seus bailes típicos e os ríos máis importantes para axudar a devolver a auga a Madagascar. Nestes enlaces podedes ver as actuacións de cada clase no Teatro da nosa escola.

CLIC 3ºA     CLIC 3ºB      CLIC 3ºC

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2024/2025

A LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2024/2025 ATÓPASE NO TABOLEIRO DA SECRETARÍA DO CENTRO.

SPRING WEEK 2024

Atendendo á  Resolución 8 de febreiro  ,publícase a listaxe de alumnado admitido na Spring Week 2024.

 

Digicraft

O alumnado do 3º ciclo de E.P. segue a participar en Digicraft. Este curso, o itinerario está enfocado principalmente na automatización, domótica e programación. Nestas actividades traballamos de xeito interdisciplinar, potenciando a competencia dixital e o pensamento computacional. Achegámonos ás tecnoloxías de xeito seguro, desenvolvendo o pensamento crítico e fomentando a súa creatividade. Digicraft, fundaméntase na aprendizaxe colaborativa, a través da experimentación e participación activa do alumnado, tendo como punto de partida os seus intereses. 

 

 

ENTROIDO 2024

Este ano escollimos a temática do cómic e cada nivel diseñou e elaborou o seu disfraz. O tempo atmosférico deixounos disfrutar do pasarrúas pola nosa vila e poder compartir coas familias e veciños o resultado de tantas semanas de traballo. Non faltou a música, a cargo da Charanga da Carmiña, que nos amenizou dentro e fóra da escola. Unha xornada fabulosa!

 

ABERTO O PRAZO DE RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2024/2025

DENDE O DÍA 1 AO 20 DE MARZO ESTARÁ ABERTO O PRAZO PARA RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2024/2025.

A SOLICITUDE DE RESERVA PODE FACERSE A TRAVÉS DO SEGUINTE ENLACE:

admisionalumnado (xunta.gal)

OU NA SECRETARÍA DO CENTRO.

RELACIÓN DEFINITIVA DE ADMISIÓN EN CENTROS ADSCRITOS (IES PUNTA CANDIEIRA)

Publicada a listaxe definitiva dos admitidos no centro IES Punta Candieira para o curso 2024/2025, na cristaleira do CEIP Nicolás del Río. 

Distribuir contido


by Dr. Radut