Skip to Content

CARREIRA CAMPO A TRAVÉS

O venres 24 de xaneiro tivo lugar a tradicional "Carreira de Campo a través" entre varios colexios da comarca. Do Ceip Nicolas del Río participaron todos os nenos e nenas de 3º a 6º. Os mestres de Educación Física queremos agradecer ás familias e aos mestres pola súa colaboración na xornada a pesar da mala climatoloxía. Preme na imaxe para ver algunhas fotos da carreira.

 

DÍA DA PAZ 2014

Este ano, para o día da paz, faremos unha

actividade no colexio "1000 grullas pola paz".

 

Historia de Sadako Sasaki e as 1000 grullas.

Cortometraxe de Sadako e as 1000 grullas.

Como facer unha grulla en origami.

 

MES XANEIRO.


FELIZ ANO 2014


PREME AQUI.

PEDINDO O AGUINALDO CUNHA PANXOLIÑA

O equipo de mestres de Educación Infantil, coa axuda do mestre de música Roberto,

cantaron unha panxoliña nas clases de primaria para pedir o aguinaldo.

Podes ver o video abaixo ou descargalo aquí.

OS REIS MAGOS NO COLE!!!

Os Reis Magos no Ceip Nicolás del Río

Preme na imaxe para ver as fotos.

 

DESPEDIDA DOS PRIMEIROS COLABORADORES

Os colaboradores da BIBLIOTECA do 1º trimestre remataron o seu traballo cun video de despedida onde lles fixemos unha pequena entrevista.

Podes ver o video abaixo premendo en PLAY. Para descargar aquí.

 

SAÍMOS NO PERIÓDICO!!!

Preme na imaxe para ver a noticia no Diario de Ferrol.

AS TICS EN INFANTIL

Neste primeiro trimestre, os nenos e nenas de Educación Infantil asistiron á aula de informática a experimentar cós ordenadores a través de xogos educativos.


MARCADORES DA BIBLIOTECA

Aprende a utilizar os MARCADORES na nosa BIBLIOTECA,

con este video explicativo feito polos nosos colaboradores.

Preme na imaxe para ver o video.

 

 

SAÍDA AO BOSQUE DA RIBEIRA

O Bosque da Ribeira, no paseo do Río Condomiñas na zona da ponte de madeira, foi o destino dunha saída pedagóxica por parte dos nenos e nenas de 1º de Educación Primaria que, acompañados polas mestres e por Rafael López Loureiro, aprenderon moitas cousas sobre as árbores, plantas e animais do bosque. Preme na imaxe.

COLABORADORES DA BIBLIOTECA

Este curso os nenos de 5º e 6º estamos axudando na biblioteca .

É unha actividade voluntaria. Somos 65 axudantes.

Este traballo voluntario facémolo nos recreos, durante todo o curso por grupos. Organizamos os libros, facemos carteis indicando o xénero literario, escribimos noticias para a web do cole e videos explicativos… e o facemos porque queremos axudar sen recibir nada a cambio.

Firmado: Os axudantes da biblioteca.

MENÚ DECEMBRO

Preme aquí para descargar o menú de decembro.

 

EXPOSICIÓN "O PROMETIDO É DÉBEDA"

Na semana do 18 ao 22 de novembro estivo no noso centro a exposición da ONG "Jóvenes y desarrollo" baixo o tema "O prometido é débeda". Os temas que trataba esta actividade eran o comercio xusto, a débeda externa, o 0,7%, a pobreza no mundo, etc... Entre as actividades realizadas destaca a visualización dun video dos 8 obxectivos do desenrolo do milenio para o 2015, a realización dun cuestionario buscando as respostas nos 3 paneis e o análise e reflexión dos temas tratados. Preme na imaxe para ver as fotos.

CHARLA INFORMATIVA

O MAGOSTO

O xoves 14 de novembro, celebramos o Magosto no cole. En Educación Infantil os nenos e nenas participaron nuns obradoiros nos que esfollaron e debagaron o millo, fixeron zonchos de castañas, elaboraron a castañeira, decoraron a caixa coa castaña e ourizo e visionaron "Xian e o castañeiro" e "A castaña que estoupou da risa". En primaria, bailaron as peonzas, e logo comeron as castañas xunto coa leite. Preme na imaxe para ver as fotos!!!

 

CHEGARON AS AVISIÓNS AO COLE!!!

As avisións do Samaín

visitaron as clases do cole

para cantar unhas cancións

tradicionais do Samaín...

Preme na imaxe para ver

como o fixeron na clase de

2ºA.

MENÚ NOVEMBRO

Preme aqui para descargar o menú

 

PORTAS TERRORÍFICAS!!!

Co motivo destas datas, organizamos unha actividade para Samaín e Halloween, na que as portas de cada aula podían ser decoradas para ser as máis terroríficas do cole. A participación por parte do alumnado e do profesorado de todos os niveis educativos foi moi positiva e aínda que as portas dan moito medo, os nenos e nenas disfrutaron moito coa actividade. Preme na foto para ver as imaxes da actividade.

Excursión a Marcelle

Fotos da excursión a Marcelle de 1º de Educación Primaria


Distribuir contido


by Dr. Radut