O MAGOSTO

O xoves 14 de novembro, celebramos o Magosto no cole. En Educación Infantil os nenos e nenas participaron nuns obradoiros nos que esfollaron e debagaron o millo, fixeron zonchos de castañas, elaboraron a castañeira, decoraron a caixa coa castaña e ourizo e visionaron "Xian e o castañeiro" e "A castaña que estoupou da risa". En primaria, bailaron as peonzas, e logo comeron as castañas xunto coa leite. Preme na imaxe para ver as fotos!!!