Skip to Content

MAGOSTO E DÍA DO PEÓN

 

O xoves 15 de novembro celebramos o día do Magosto e o día do peón. Os nenos e nenas de Educación Primaria comeron castañas, beberon moita leite e xogaron coas peonzas no patio. A climatoloxía permitiu que a actividade tivera moito éxito e todos o pasaron xenial. Preme na imaxe para ver algunhas fotos da xornada...

PROXECTO COMEDOR

Este mes comezamos con Francia.

MENÚ NOVEMBRO

HALLOWEEN!!!

Xa están de volta os traballos de HALLOWEEN nas clases de plástica en Inglés, mirade que ben traballaron!!! Preme na imaxe para ver todas as fotos.



 


 


 


 


 


 


 


 


 


 

SAMAÍN EN 2ºC

Aos alumnos/as de 2ºC gústanos moito o Samaín, e por iso fixemos un video. Esperamos que vos guste. Pinchade na cabaza e veredes o que fixemos.

SAMAÍN NA ESCOLA

Chegou o Samaín a escola, dan man do mestre Rafael López Loureiro (Calel) e os seus alumnos de 5ºC, "SAMAÍN NA ESCOLA, UN MUNDO DE TRADICIÓNS, DE CULTURA, DE SENTIMENTO E LEDICIA".

 

MENÚ OUTUBRO

Xa podedes consultar o menú de outubro.


MENÚ SETEMBRO 2012

Xa podedes consultar o menú de setembro do novo curso escolar!!!



 

XOGOS POPULARES

Chegou o fin de curso, e como vimos facendo tradicionalmente, participamos nunha sesión de xogos tradicionales e populares. A chave, a comba, o brilé, sogatira, zancos, mariolas, chapas, peonzas, canicas e outros xogos foron os protagonistas xunto cós nenos e nenas no último día de clase. Preme na imaxe para ver todas as fotos....

LIBROS DE TEXTO CURSO 2012/13

EXCURSIÓN A MANZANEDA

Xa temos as primeiras fotos da excursión a Manzaneda. Os nenos e nenas participaron en numerosas actividades como tiro con arco, montaron a cabalo, Kars, piscina, rocódromo, orientación, sendeirismo.... e o que máis lles gustou, A DISCOTECA!!! Iremos colgando máis fotos, preme na imaxe para ver todas na galería.

EXCURSIÓN A MARCELLE

O martes 15 de maio os nenos e nenas de 1º e 2º de Ed. primaria visitaron o parque natural de Marcelle. Os monitores guiaron ao alumnado por todas as instalacións explicando os aspectos máis interesantes sobre os animais e as árbores do entorno. Para ver as fotos preme na imaxe.

MENÚ MAIO

Xa podedes consultar o menú de MAIO!!! Preme na imaxe

XOGANDO AO ATLETISMO!!!

Os nenos e nenas de 3º e 4º de Ed. Primaria asistiron a unhas xornadas de "Xogando ao Atletismo" na Barqueira. Outros coles tamén participaron, e coñeceron diferentes probas de lanzamentos, saltos, carreiras, relevos, etc.... Preme na imaxe para ver as fotos da galería!!!

APERTURA "I FEIRA DO LIBRO"

O martes 24 de abril inaugurouse a  "I Feira do Libro" do noso cole que foi todo un éxito. Queremos dar as gracias a todos os alumnos e alumnas que se acercaron ao mercadillo para canxear os seus vales polos libros que máis lle gustaban. Aproveitamos para animar as familias a que participen na sección de adultos.CONTAMOS COA VOSA ASISTENCIA!!!! Preme nas imaxes para ver todas as fotos.

I FEIRA DO LIBRO

I FEIRA DO LIBRO

Con motivo da celebración do día do Día do libro o próximo 23 de Abril, imos poñer en marcha unha Feira de intercambio de libros. Como se trata de fomentar o gusto pola lectura, todas as familias que desexen participar, traerán un libro que será canxeado por un vale para poder levar outro. O libro que queirades aportar ó mercadillo poderedes entregalo ó voso titor/a. Esta I "Feira do Libro" comezará o día 24 de abril, e rematará o 29 de maio. O horario de apertura do mercadillo será todos os martes de 17 - 18:30 horas.

ANÍMATE E PARTICIPA!!!

A COPA DO MUNDO EN CEDEIRA!!!

O venres 23 de marzo a Copa do Mundo, conquistada por España no mundial de Sudáfrica de fútbol, visitou a nosa Vila. Algunhas clases do noso cole non desaproveitaron a oportunidade de poder tocala e sacar unha foto con este trofeo que representa un dos logros máis importantes da historia do deporte do noso país. Preme na foto para ver todas as imaxes....

MATRÍCULA CURSO 2012/13

O prazo de matrícula para o vindeiro curso escolar 2012-2013 está aberto desde o 1 de marzo ao 10 de abril.
Poderanse matricular: EN E. INFANTIL: NENOS/AS NACIDOS/AS EN 2009 E NACIDOS/AS EN 2007 E 2008 QUE NON ASISTIRAN A DITAS UNIDADES NO CURSO 2011 - 12.  EN E. PRIMARIA: NENOS/AS NACIDOS/AS NO ANO 2006.

Documentación a aportar:

  1. FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA (OU DOCUMENTO ACREDITATIVO SIMILAR) NA QUE ESTEA REXISTRADO O NACEMENTO DO/A NENO/A A MATRICULAR.
  2. FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA (OU DOCUMENTO SIMILAR) NA QUE SE ACREDITE O MATRIMONIO DOS PAIS OU -SE E O CASO- PATRIA POTESTADE OU TUTORÍA LEGAL.
  3. IMPRESO DE SOLICITUDE DEBIDAMENTE CUMPLIMENTADO. DESCARGAR AQUÍ.
  4. CERTIFICADO MÉDICO QUE ACREDITE QUE O/A ALUMNO/A A MATRICULAR NON PADECE ENFERMIDADE INFECTO-CONTAXIOSA E ESTA DEBIDAMENTE VACINADO. DESCARGAR AQUÍ
  5. CERTIFICADO DE INCLUSIÓN NO PADRÓN MUNICIPAL DE HABITANTES.
  6. FOTOCOPIA DA CARTILLA DA SEGURIDADE SOCIAL ONDE CONSTE O/A ALUMNO/A COMO BENEFICIARIO/A.
  7. DÚAS FOTOGRAFÍAS TAMAÑO CARNÉ.
  8. DOCUMENTO DE OPCIÓN RELIXIÓN/ATENCIÓN EDUCATIVA. DESCARGAR AQUÍ
  9. AUTORIZACIÓN FOTOS OU VIDEOS COLEXIO. DESCARGAR AQUÍ

ANPA PICAPEIXE

"COUSA DE DOUS" V EDICIÓN .


Concurso de debuxo pola igualdade de xénero.


ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS 2012.


Domingo 11/03 ás 18:00 horas no auditorio municipal.


Actuacións: "Beatriz Leonardo Labraña" .....Acordeón.


Yanina Ivaldi ....Monólogo de teatro.


Cantareiras de Buxainas.


Entrada libre e gratuita. Convidada toda a comunidade educativa.


ANIMACIÓN Á LECTURA-VI EDICIÓN.


Sesión de teatro e agasallo dun libro


20/04. "El cuento que te cuento" Compañía: La Tortuga- Cedeira.


11/05. "Non é país para cabaleiros" Compañía: Ghazafelhos- Narón.


Ás 5 no auditorio municipal. Socios gratuito... Non socios 5 euros. Debe presentarse recibo de cuota actualizada. Imprescindible inscripción ata o 18 de abril.

DÍA DA ÁRBORE

 DÍA DA ÁRBORE –  7 de Marzo do 2012 

O mércores 7 de marzo festexamos este día plantando árbores nos arredores do colexio. Os diferentes ciclos foron saíndo a plantar acompañados polos seus mestres, o director D. Anxo e os xardineiros do concello. Agora todos esperamos con ilusión que medren e que a xente os respete xa que están fora do recinto escolar. Para ver todas as fotos preme nunha das imaxes......

 

Distribuir contido


by Dr. Radut