Skip to main content

OBRADOIRO DE CARTAS

CARTAS A PERCEBÍN...

Percebín, a nosa mascota da biblioteca, énchese de ledicia coas cartas que recibe do noso alumnado e por suposto responde. Se deciden facelo a través do noso obradoiro de escritura, a carta chega ata a casa da alumna ou alumno participante. 

Este taller complementa á lectoescritura e evidentemente esta amparado curricularmente, mediante o DECRETO 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.