Skip to main content

DESPEDIDA DO CLUB LECTURAS "CHOCOLATE CON LIBROS" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Este 19 de xuño dixemos deica logo aos Club de Lecturas

"Chocolate con Libros". Desexándonos boas lecturas de verán

(podedes ollar as recomendacións lectoras abaixo) moitos voltaremos en setembro.

Desexarlles o mellor e moitas visitas, ao alumnado de sexto na súa nova etapa.

Unha vez máis, igual que o curso pasado, o tempo non acompañou.

A choiva deixounos saboreando uns ricos xeados de chocolate e lucindo as nosas

camisetas lectoras na biblioteca, de seguro serán un bo complemento

para este verán, e quen sabe... Igual ata se poñen de moda!

Enchede a vosa alma de risas e libros. Bo verán rapazada!

Se algún non realizou o formulario de avaliación,

agradecemos o faga clicándo aquí se es de 3º ou 4º ou aquí se es de 5º ou 6º.

Aquí as recomendacións lectoras para o verán!