Despedimos as xornadas, deste curso, da Biblioteca Humana da man
de tres títulos inmensos. Para quen non as escoitou presencialmente,
as súas historias permanecerán no catálogo das bibliotecas: Meiga e Koha.
Este curso a biblioteca escolar leva por lema "A biblioteca ten a palabra",
na vila quixemos cedérllela ás nosas xentes, á comunidade.
Persoas que xuntas tecen as redes da historia persoal dun pobo,
historias íntimas, as vivencias que axudan cando se comparten.
Despertaron emocións que gardaremos para sempre.
Sentímonos máis preto e crearon lazos que perdurarán no tempo.
Agradecer a participación de Juan Rodríguez Martínez,
Noa López Vidal e Miño Guerreiro Rodríguez e de todas e todos os implicados.
Xuntos fixemos voar as palabras!