Skip to main content

FALTAN 2 DÍAS #bescolaresgalabertas #euquedonacasa

FALTAN 2 DÍAS!

 

Gracias a todos os que participástedes na actividade de onte, resulta moi agradable ver que vos gustan os contos. Resultou unha maneira divertida de recoller retallos de historias.

E falando de retallos…

Moitas veces atopamos pedaciños nas historias que nos gustan tanto se quedan gravados na nosa memoria, ou mesmo contos enteiros que os nenos e nenas máis pequenos son capaces de lembrar e reproducir sen fallar nin unha soa palabra…

Parece sinxelo, pero…canto tempo lle puido levar ao escritor dese conto, dese libro, desa fábula…escribir ese pedaciño? E canto tempo todo o conto? e…ocorréuselle facilmente, ou por casualidade? Sería se cadra nunha viaxe?…

Hai veces que os contos tamén van acompañados dalgún tema musical. Aquí poderiamos aplicar o mesmo que cos textos. Hai cancións de contos que se nos quedan gravadas e ao escoitalas se nos veñen á cabeza os contos que as conteñen.

Sucederá o mesmo coa música que cos textos?

Amigos e amigas…cada historia é un mundo e cada autor ten os seus, pero nosoutros estes días tivemos unha conversa con Quique Vázquez, e desa conversa saíu este vídeo. Igual nos pode axudar un pouquiño.

 

E agora, a actividade para o día de hoxe:

 

Seredes capaces de adiviñar a que contos pertencen os seguintes fragmentos?

 Pincha na imaxe

Gustaríanos adicar o día de hoxe a todos os artistas das palabras… aqueles que as enfían con tanto agarimo e precisión que fan que sexamos capaces de enfundarnos nas historias coma nun traxe perfectamente cosido e rematado.