Skip to main content

Xaneiro 2019

GRUPOS INTERACTIVOS - COMUNIDADES DE APRENDIZAXE

SESIÓNS DO MES DE XANEIRO DOS GRUPOS INTERACTIVOS DOS VAGALUMES COAS FAMILIAS VOLUNTARIAS.

PUBLICACIÓN DOS VAGALUMES.

 

 

 

 

UN DÍA CALQUERA NA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA

 As dúas salas ocupadas... Nunha a aula de Teresa de 4º A, investigando, aprendendo, descubrindo... Noutra os Vagalumes de 3º A, cos recunchos do xoves... Abren a porta e vese baixar unha fila de formiguiñas de 3 anos, son os peques de Raquel, queren ler un conto. Os Vagalumes os convidan a seguir, apertándose un pouco collen todos.

O traballo continúa, Raquel senta aos seus nenos e nenas e comeza o conto, "A que sabe a Lúa?", de Michael Grejniec, editorial Kalandraka, non transcorren dous minutos e as cabezas dos Vagalumes se erguen e se xiran, hai emocións no ar, recordos da nenez recen deixada, cheiros doces... Xa non hai recunchos, hai letras, contos, a atención é selectiva e está con Raquel, nas súas verbas...

Foi tan lindo o que ocorreu! Por máis días calquera.

OBRADOIRO DE POESÍA

A NOSA VOLUNTARIA, INÉS GARCÍA VERGARA DE 6º A PREPAROU ESTA FERMOSA POESÍA CANTADA PARA CONVIDARNOS A PARTICIPAR NOS PRÓXIMOS OBRADOIROS.  DARÁN COMEZO O LUNS 21 DE XANEIRO NO HORARIO DE RECREO.

PODEDES PASAR POLA ENTRADA DA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA A APUNTARVOS! 

https://drive.google.com/file/d/1zpCm2ch61Sycw1zpmnT3xgRjG1ALnsNu/view?u...