Skip to main content

Decembro 2018

TEMOS ALGO QUE CELEBRAR...

Queremos compartir a nosa ledicia. A biblioteca da escola vén de recibir por segundo ano consecutivo o recoñecemento da Dirección Xeral de Centros polos seus traballos por proxectos do curso pasado.

"Crónicas... Atalaia do Museo Mares de Cedeira" e "De festas pola Vila", foron galardonados en dúas das modalidades do concurso de traballos por proxectos das bibliotecas escolares no 2017/2018.

    
         

PARABÉNS A TODOS E TODAS OS QUE FIXÉSTES POSIBLE ESTES TRABALLOS. 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL

AQUI VAI UNHA AMPLA OFERTA DE LECTURAS E XOGOS PARA ESTE INVERNO!

https://drive.google.com/file/d/1oB6skEzOGri0IMYXxcnpH5vSaVrXCs36/view?u...

 

 

CONCURSO DE DEBUXO E FELICITACIÓNS DE ANO NOVO

O ALUMNADO PARTICIPOU NO TRADICIONAL CONCURSO DE DEBUXO E POSTAIS DE ANO NOVO.

GRACIAS A TODOS POR PARTICIPAR!

COLOREAR CEDEIRA

A PINTURA TEN UNHA GRANDE IMPORTANCIA DENTRO DO CURRÍCULO CEDEIRÉS. NON TIVEMOS MELLOR OPORTUNIDADE PARA PROMOCIONALA QUE OFERTAR OS "COLOREO CEDEIRA", QUE SON UNS CADERNOS DE DEBUXOS DA NOSA VILA REALIZADOS POR ADRIÁN TARACIDO FERNÁNDEZ E PROMOCIONADOS POLO COLECTIVO RAMPLA. TAL FOI A CALIDADE QUE ADRIÁN NON SOUBO QUE OBRA ESCOLLER E PREMIOU A TODA A "BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA" CUNS MALETÍNS DE DEBUXO E UNHA OBRA DO ILUSTRADOR.  QUEN O DESEXE PODE VER A EXPOSICIÓN NO HOTEL HERBEIRA. XA ESTAMOS DESEXANDO VER UNHA NOVA TIRADA DE CADERNOS!

          

          

 

PATRIMONIO INMATERIAL

AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE CEDEIRA VOLTAN A FUNDIRSE NUN NOVO PROXECTO. ALUMNADO DE ANTROPOLOXÍA DO IES PUNTA CANDIEIRA E OS VAGALUMES DE 3º A QUEREN SABER DO PATRIMONIO INMATERIAL. ASÍ É O SEU INICIO.

PROXECTO CORRESPONDENCIA

O alumnado de 3º A, os Vagalumes, inician un proxecto de correspondencia con nenas e nenos dun centro de Viveiro. Durante todo o curso escolar comunicaránse de diversas maneiras. Neste primeiro trimestre utilizaron a carta.

Máis detalles no blog dos Vagalumes

  

TERTULIAS DIALÓXICAS

A TERTULIA DIALÓXICA É UNHA PRÁCTICA DE LECTURA DIALÓXICA QUE CONSISTE NUN ENCONTRO AO REDOR DA LITERATURA, NO QUE CADA UN DOS PARTICIPANTES LEN E DEBATEN DE XEITO COLECTIVO OBRAS CLÁSICAS DA LITERATURA UNIVERSAL. 

NESTE CASO OS VAGALUMES DE 3ºA E AS FAMILIAS VOLUNTARIAS ESTÁN COA OBRA "EL LIBRO DE LA SELVA" DE RUDYARD KIPLING. NESTE PRIMEIRO TRIMESTRE ESCOLLERON A OBRA E INICIARON A TERTULIA DO 1º CAPÍTULO.

MÁIS INFORMACIÓN NO BLOG DOS VAGALUMES.

 

 

PORTAS ABERTAS ÁS FAMILIAS

AS FAMILIAS XA PUIDERON GOZAR DO SEU ESPAZO PARTICULAR NA BIBLIOTECA E COÑECER O QUE REALIZA O ALUMNADO NELA.

DESFRUTARON DE TRES XORNADAS DE PORTAS ABERTAS ONDE RECIBIRON UNHA PEQUENA CHARLA SOBRE O MATERIAL DO

QUE DISPÓN CADA SALA, COMO E CANDO SE USA, OS PROXECTOS NOS QUE ESTAMOS INMERSOS, COMO É O TEMPO DE

RECREO, OS PRÉSTAMOS AO ALUMNADO E ÁS FAMILIAS... E PARA QUE TAMÉN TIVERAN UNHA EXPERIENCIA PRÁCTICA

PASARON POLOS DIFERENTES OBRADOIROS NOS QUE TAMÉN TRABALLA O ALUMNADO: ESCORNABOTS, LEGO, PANTALLAS

TÁCTILES, OBRADOIRO DE ESCRITURA...

    

    

 

GUÍA DE USUARIO DA BIBLIOTECA

 

MEDRANDO NA IGUALDADE

DENDE A BIBLIOTECA "CARLOS LABRAÑA" APOSTAMOS POR MEDRAR EN IGUALDADE INCORPORANDO NOVAS LECTURAS SOBRE ESTE TEMA. NESTAS IDADES PARA ACTUAR CONTRA A VIOLENCIA, PRIMEIRO TEMOS QUE DAR EXEMPLO: LIBROS, XOGOS, XOGUETES... SON DE PERSOAS, NON DE NENAS E DE NENOS. DESEXAMOS CREAR E MEDRAR NUNHA SOCIEDADE XUSTA, PACÍFICA E IGUALITARIA.

NON DUBIDEDES EN LER AS NOVAS ADQUISICIÓNS!