Achegamos unha breve guía de usuari@s para realizar os empréstitos e devolucións en KOHA. Guía que tamén estará a disposición no punto de Autoempréstito: caderno de usuari@s.
Aclaración: no tempo que nos leve pór o código de barras a todos os libros da nosa biblio non usaremos o lector de códigos, agás no caso de novas adquisicións/catalogacións que xa conteñen o seu código de barras. O profesorado e biblioaxudantes con "perfil axudante" deberán introducir o código de centro e número de rexistro de cada libro manualmente tal e como se recolle na seguinte guía:
Empréstitos e devolucións KOHA
Todos os libros teñen que estar localizados, polo que é tarefa de tod@s realizar o seu rexistro no sistema ou ante calquera incidencia (informática, de tempo...) nas táboas do arquivador situado no punto de xestión.
Coida da túa biblio... como ela coida de ti!