Material e Libros de texto 1º - 2º Primaria

Xa está dispoñible o cheque para material escolar de 1º - 6º de E.Primaria e o cheque para libros de 1º e 2º de E. Primaria.

Data de entrega os días 7,8 e 11 de Xullo en horario de 10-14 horas. De non recollelo neste mes pódese recoller en setembro.( xa se concretarán datas)

FONDO DE LIBROS DE TEXTO

As datas límite para realizar os trámites (DOG do 16 de maio de 2016)   serán:

 a) Para gravar solicitudes e emendas (EP e ESO): o 11 de xullo de 2016.

 b) Para publicar as listaxes provisionais (EP e ESO): o 14 de xullo de 2016.

 c) Para gravar o resultado de reclamacións: o 19 de xullo de 2016.

d) Para publicar as listaxes definitivas:  De EP (3º, 4º, 5º e 6º): o 22 de xullo de 2016.

 

O centro avisará ao alumnado que lle corresponda o vale  para adquirir libros de texto de 1º e 2º de E. Primaria. Igualmente tamén se avisará ao alumnado que lle corresponda o vale para material escolar.

SAÍDAS FIN DE CURSO

O alumnado do centro realizou dúas saídas . O alumnado de E. primaria visitou as ILLAS CÍES e os alumnos/as de

E. Infantil foron á Granxa  . Preme nas imaxes para ver as Fotos.

                                                              

REUNIÓN FAMILIAS EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS

O vindeiro martes 28 de xuño ás 11:00 horas terá lugar na Biblioteca do noso centro unha reunión informativa coas familias do alumnado de nova incorporación ( 3 anos)  para o curso 2016/17.

A matrícula poderá formalizarse ese mesmo día.

Documentación necesaria:

* Cubrir un impreso de formalización de matrícula no centro.

* 4 fotografías.

* Fotocopia da tarxeta sanitaria.

* Fotocopia do libro de familia.

Acto final de curso 2015/16

Estimadas familias:

O mércores 22 terá lugar no ximnasio do noso centro o acto final do curso 2015/16. Como todos os anos estades convidadas a asistir.A apertura das portas será as 12:15h

AXUDAS MUNICIPAIS PARA COMEDOR,LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2016/17

O alumnado de Educación Infantil pode solicitar axudas para adquisición de libros de texto, material escolar e comedor escolar , con enderezo no termo municipal de Vigo.

O alumandoi de Educación Primaria pode solicitar axudas para comedor escolar, con enderezo no termo municipal de Vigo.

Lugar e prazo das solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será de VINTE (20) días hábiles contando dende o seguinte á publicación oficial do Estracto da Convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Os/as solicitantes das axudas presentarán as súas solicitudes a través do Rexistro xeral municipal ou por calquera dos medios previstos no Art.38.4 da lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións públicas e do Procedemento administrativo común (LRX - PAC)

Tamén poderán presentarse en calquera dos centros de servizos sociais municipais: de Coia, praza da Princesa, de Teis, Rivera Atienza e no Concello de Vigo.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL

Estimadas familias:

          Saíu publicado no DOG do 16 de maio (Orde do 27 de abril) onde podedes atopar toda a información,  o fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/2017.

 

         . A participación no fondo solidario de libros de texto é para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. Para ser beneficiario hai a obriga de conservar e devolver os libros recibidos do fondo solidario ou das axudas para adquirir libros de texto do curso 15/16. A falta de devolución é motivo de exclusión. A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP, que estean dispoñibles no fondo solidario do centro, efectuarase ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten. En todo caso recibirán: - 6 libros, renda per cápita igual ou inferior a 5.400 €. - 4 libros, renda per cápita igual ou inferior a 9.000 €.

 

        . A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto é para o alumnado de 1º e 2º. Para o alumnado con  renda per cápita igual ou inferior a 5400 euros corresponden 170 euros e con renda familiar superior a 5400 euros e igual ou inferior a 9000 corresponden 90 euros. Só pode ser utilizado para libros de texto que indique o centro.

 

        . A convocatoria de axudas para adquirir material escolar é para o alumnado dos diferentes cursos de primaria. Para solicitala, a renda per cápita debe ser igual ou inferior a 5400 euros. A axuda sería de 50 euros. Só pode ser utilizado para material escolar que se necesite.

 

        A renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2014 entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.

 

        A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Cando presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2014, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 430) e a base impoñible do aforro (recadro 445); cando non a presentase, sumaranse os ingresos netos obtidos durante o exercicio 2014.

 

        O prazo de solicitudes (anexo I) vai do 18 de maio ao 23 de xuño. Dita solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2016/17, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. A situación persoal, familiar e económica é a reflectida a 31 de decembro de 2014.

 

Admisión definitiva de alumnado para o curso 2016 - 17

Relación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas para o curso 2016/17.

Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial no prazo dun mes.

VER ARQUIVOS ADXUNTOS.

Distribuir contido