Admisión de alumnos/as

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017.
De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de febreiro inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición, neste caso o IES de Valadares. ( Dende o día 1 de febreiro ata o día 15 de febreiro)

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)

Anexo I: Reserva de praza

Anexo II: Formularios de admisión e matrícula

FELICITACIÓN

O profesorado do CEIP MESTRES GOLDAR deséxavos unhas felices festas.

FESTIVAL DE INVERNO

Estimadas familias:

Como vén sendo habitual no Centro por estas datas, imos celebrar un festival.

Realizarémolo o venres18.

Comprácenos invitalos a que participen nesta festa con  nós, polo que ás 11:50 h poderedes entrar no centro.

 

 
  

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

ORDE do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.
Non poderá solicitar novamente esta axuda o alumnado que se acollese ás axudas para a adquisición de material escolar reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015 (realizada en setembro) e reunise os requisitos establecidos nela, por ser válida a anterior solicitude.
Os datos tanto familiares como da renda son a 31 de decembro de 2013 e dita renda per cápita familiar ten que ser igual ou inferior a 5.400 euros.

Día da Biblioteca

"Vigo, un mar de música" foi o lema que presidiu o escenario do salón de actos para o espectáculo de " ROCK  EN VIGO" que protagonizaron JOAO TOMBA e a BANDA DO PUPAS.Gozamos coas actividades desta xornada de reapertura da nosa biblioteca.

Se queredes averiguar todo o que sucedeu.....

ese día preme na frecha      

 

 

 

 

BECAS 2015/16

IMPORTANTE: ONTE 16  DE SETEMBRO RECIBIUSE NOS CENTROS UN CORREO CON ORDEN DA CONSELLERÍA SOBRE A TRAMITACIÓN DAS BECAS DE NEAE OBRIGANDO A TRAMITALAS VÍA ONLINE POR CADA FAMILIA. AS INSTRUCIÓNS SON AS SEGUINTES: 

       Becas, ayudas, subvenciones y premios

       Becas, ayudas y subvenciones para estudiar

       Becas y ayudas para estudiar primaria y secundaria

       Becas y ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo

§  Formulario de solicitud y consulta de solicitud

§  Registrarse (cubrir os datos que se vos piden)

  • Cubrila Beca e imprimila.
  • Entregala directamente no Departamento de Orientación do centro.

*Non esquecerse de firmar a primeira folla e de traer a documentación solicitada (fotocopia do DNI de todos os membros da familia, o certificado bancario e der ser o caso certificado de minusvalía ou carnet de familia numerosa)

No caso de non contar na casa con acceso a internet podedes solicitar axuda no Departamento de Orientación do colexio.

VIGO DÁ MOITO XOGO

Nas actividades planificadas sobre a nosa cidade comezamos o curso coa visita da escola municipal de tenis de mesa no que xoga Natalia, unha antigua alumna do colexio.

A actividade ía dirixa ao alumnado de 2º a 6º de primaria. Iniciamos cunha demostración e posteriormente tivemos a oportunidade de praticar . VER IMÁXES.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2015-16

O alumnado matriculado en educación primaria cunha renta per cápita familiar igual ou inferior a 5400 euros poderá solicitar unha axuda para material escolar. A presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DIARIO OFICIAL DE GALICIA.

Anexo I : SOLICITUDE

Distribuir contido