AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA 3º PRIMARIA

Informamos que as probas para o alumnado de terceiro curso de Educación Primaria terán lugar os días 28 e 29 de maio.

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso  2018/19.

       Esta avaliación individualizada terá carácter censual e aplicarase a todo o alumnado que no curso 2018/19 estea realizando terceiro curso de educación primaria en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

      A avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria ten como finalidade comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.

      Esta avaliación ten carácter informativo e orientador para os alumnos e alumnas e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa.