ADMISIÓN NOVO ALUMNADO. CURSO 2019-20
LEXISLACIÓN: Orde do 12/03/2013 (DOG do 15/03/2013) pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos.
Orde do 25 de xaneiro do 2017 pola que se modifica a orde anterior
· A solicitude de reserva de praza presentarase no centro de preferencia DO 1 AO 20 DE MARZO(incluídos).
Para facer esta reserva é preciso cubrir un impreso ED550B (Anexo II)
Xunto con estes impresos entregarase:
. Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
. Fotocopia do libro de familia onde apareza o neno ou nena, ou do D.N.I. (Documento acreditativo da idade do alumno)
Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de domicilio fiscal, renda per cápita da unidade familiar, condición de familia numerosa e de discapacidade do alumnado, do/da proxenitor/a, do/da titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñecida pola Xunta de Galicia, cando a persoa interesada denegue expresamente a consulta automática.
-Alumnado xa matriculado noutro centro no curso actual nun nivel de Primaria: Certificado de matrícula do centro actual (Deberán remitir ao centro de orixe copia da nova solicitude de admisión.
-En caso de separación xudicial ou divorcio, convenio regulador ou resolución xudicial e sinatura conxunta na solicitude.
-Se se opta pola baremación da proximidade do colexio ao lugar de traballo, facelo constar na solicitude, tendo en conta que afectará a todos os centros relacionados na propia solicitude.
(Deben ser documentos orixinais ou copias cotexadas. Neste caso farémolo no propio centro)
Debe considerarse que o número de membros da unidade familiar é o referido ao día 28 de febreiro de 2019.
DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN (Orixinais ou copias cotexadas)
· Ter irmáns no centro: Fotocopia completa do libro ou libros de familia (art.20.4 da O. Do 12/03/2013). Tamén puntuará se está no centro adscrito, agás no último curso
· Proximidade do colexio ao lugar de traballo (Ver art. 22.6 da O. do 12/03/2013)
· Renda anual per cápita da unidade familiar (Ver art. 23 da O. do 12/03/2013)
· Condición de familia monoparental: fotocopia do libro de familia, certificado de convivencia, resolución xudicial de separación, divorcio ou medidas paterno-filiais ou convenio regulador (art. 25.2 da O. do 12/03/2013)
· Criterio complementario do centro: (art. 28 da O. do 12/03/2013)
· -Outros criterios ou casos (os relacionados na O. do 12/03/2013)
Tamén se pode facer este ano a través da aplicación
Solicitudes a través da aplicación:
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
Ruta no menú:
Solicitudes–Admisión–Crear solicitude de admisión
Clica enriba para o manual para ás familias
NO NOSO CENTRO PÓDESE ENTREGAR A DOCUMENTACIÓN:
DE 9:00 A 9:50 (agás xoves), DE 13:10 A 14:00 (mércores e xoves) E DE 12:00 a 13:10 os venres, POLA MAÑÁ, E DE 16:00 A 18:00 (SÓ OS MARTES NESTE ÚLTIMO HORARIO DE TARDE)
Hai que ter en conta:
1.- Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar e nela débense relacionar por orde de preferencia outros centros que se desexen para o caso de non obter praza nese primeiro, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle e dita duplicidade pasará a depender da Comisión de Escolarización ao final de todo o proceso.
2.- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
3.-O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
· De non ter o centro prazas suficientes para todas as solicitudes será preciso facer unha baremación. Neste caso presentarase a documentación xustificativa dos criterios de admisión alegados, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate da presentación de solicitudes de admisión.
· Antes do 25 de abril estarán publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina do centro as relacións de listaxes provisionais admitidas e denegadas. Contra ela pódese presentar reclamación no prazo de cinco días hábiles, ante o Consello Escolar.
· Antes do 15 de maio publicaranse as listaxes definitivas de admisión, tanto no taboleiro de anuncios do centro como na páxina web do mesmo.
· A formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Para realizar este trámite haberá que presentar o anexo III-1. Normalmente neses días celebramos unha reunión pola mañá coas familias de alumnado de 3 anos, para a que previamente remitiremos convocatoria por correo ordinario ou chamaremos por teléfono.
O alumnado que non proceda da área de influencia do centro NON TERÁ DEREITO AO TRANSPORTE ESCOLAR (O. do 12/03/2013, art. 6.1)
O noso colexio conta tamén co servizo de Comedor Escolar xestionado pola ANPA.
Faise constar que o CEIP Mestres Goldar está adscrito ao IES de Valadares
A ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO, a nº 8, comprende dende o límite da Vía Hispanidade e Baixada do Castaño ata a rúa A Paz, Peniche, López Mora e Travesas, seguindo a Avda de Castrelos e Corredoira de Valadares ata o límite con esta parroquia, e incluíndo a parroquia de Castrelos máis a barriada ou lugar de As Carneiras-Matamá.