MAGOSTO

Estimadas familias;

Como vén sendo habitual por estas datas, imos celebrar o MAGOSTO. Este curso, realizarémolo o venres 9 de novembro a partir das 12 da mañá.

Precisamos da vosa colaboración nos seguintes aspectos:

. Envíen polos nenos e nenas unhas castañas picadas.

. De ser posible aporten unha pequena cantidade de leña.

. Procuren que ese día o alumnado veña con roupa axeitada.

. Mandade as castañas e a leña só o xoves 8 e o venres 9.

Por cuestións organizativas do centro a festa do magosto é só para o alumnado.

Clicade enriba da imaxe das castañas e podedes visualizar un vídeo anunciando o noso magosto, realizado nun obradoiro de dobraxe na aula de 5º B. E se clicas sobre as letras de cor verde, outro máis, súper simpático. A gozar destas dúas estupendas presentacións!!!