AVISOS

ALUMNADO DE TRES ANOS PARA O CURSO 2018/19

  •             Antes do 25 de abril estarán publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina do centro as relacións de listaxes provisionais admitidas e denegadas. Contra ela pódese presentar reclamación no prazo de  cinco días hábiles, ante o Consello Escolar.
  •          Antes do 15 de maio publicaranse as listaxes definitivas de admisión, tanto no taboleiro de anuncios do centro como na páxina web do mesmo.
  •        A formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Para realizar este trámite haberá que presentar o anexo III-1. Normalmente neses días celebramos unha reunión pola mañá coas familias de alumnado de 3 anos, na que entregamos dito impreso de matrícula, para a que previamente remitiremos convocatoria por correo ordinario ou chamamos personalmente a cada familia.

LEMBRAMOS QUE A VOLTA ÁS AULAS SERÁ O VINDEIRO MARTES 3 DE ABRIL, SEGÚN O CALENDARIO ESCOLAR VIXENTE PARA O ACTUAL CURSO.