XA CHEGA O ENTROIDO 2018

Xa está chegando o Entroido ao CEIP Mestres Goldar. Tedes que estar atentos/as ao calendario do Entroido que temos na entrada do colexio. Contén moitas sorpresas e pouco a pouco aprenderemos moitas cousas do noso Entroido galego un dos máis antigos de toda a península. Tamén imos ter unha exposición moi pero que moi interesante! Haberá moitas sorpresas. Seguide moi atentos/as.