OBRADOIRO DE IGUALDADE

 

Hoxe  3 de decembro os nenos e nenas de 2º tiveron unha charla sobre a igualdade entre as persoas. Todos e todas somos quen de realizar a profesión que nos guste e que queiramos.

Camiña con nós pola igualdade é un programa educativo elaborado e implementado dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo. A finalidade do programa é fomentar a educación en igualdade de oportunidades entre nenos e nenas.