Obradoiro Hábitos saudables

    Os nenos e nenas de 1º de EP asistiron o 2 de novembro a un obradoiro de hábitos saudables do Club Vitaminas, promovido pola empresa de alimentación Frutas Nieves.  

O pasamos xenial e aprendemos moitas cousas:

* Recibimos información sobre os beneficios da froita.

* Xogamos a buscar semellanzas entre as froitas e os órganos do corpo.

* Elaboramos e degustamos deliciosas brochetas de froitas (kiwi, melón, mandarina e uvas).

Deixámosvos unhas cantas fotos para que tamén vos animedes a facer brochetas de froita e así sexades os campións da boa alimentación.