MÉRCORES 27

Bo día, como levades a calor???

Hoxe vos propoño unha sesión pasada por auga para refrescarse un pouco. Vos recomendo os seguintes exercicios:

  • Globos voladores: temos que encher un globo de auga e ir pasándoo, tentando que non caia ao chan, cando rompa nos mollaremos e estaremos super fresquiños.
  • Carreira con vasos de auga: teredes que levar un vaso cheo de auga enriba da cabeza ata un cubo e repetir ata encher o cubo. Tamén se pode levar o vaso sobre un frisbi na cabeza.

  • As esponxas: hai que colocar dous recipentes separados, e levar a auga do primeiro ao segundo enchendo unha esponxa no primeiro recipente e escurríndoa no segundo e así transportar toda a auga.

 

 

  • Limbo refrescante: o tradicional xogo do limbo pode ser máis divertido si se fai cun chorro de agua. É tan sinxelo como utilizar unha mangueira e que os nenos pasen por debaixo sen tocar a auga. O perdedor levarase un bo remollón.